O Trikala Basketball Club (en grego: Τρίκαλα K.A.E.), coñecido por motivos de patrocinio como Trikala Aries, é un equipo profesional de baloncesto da localidade de Trikala, Grecia. O Rethymo Fundado no ano 1986, o club compite actualmente na segunda categoría do baloncesto grego, a A2 Ethniki. Antes do ano 2012, o equipo era coñecido como Aeolus Trikalon (Αίολος Τρικάλων). O Trikala Aries xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal de Trikala, recinto con capacidade para 2.500 espectadores. Non se debe confudir o club co Trikala 2000, equipo da mesma cidade.
Historia O Trikala Basketball Club foi fundado no ano 1993 co nome de Aeolus Trikalon Basketball Club. Durante a temporada 2010–11 o equipo chega á B Ethniki, terceira categoría do blaoncesto heleno, tras finalizar en primeira posición na cuarta categoría. No ano 2012 o club muda o seu nome a Trikala Basketball Club, abreviado as Trikala B.C., xonseguindo ademais durante a temporada 2012–13 xogar por primeira veaz na segunda categoría do país, a A2 Ethniki. Ano seguinte, a compañía de calefacción e enerxía eléctrica Aries converteuse no principal patrocinador do club. Na temporada 2012−13 o club consegue o ascenso á A1 Ethniki, a máxima categría do baloncesto grego.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Trikala