PT Lion Mentari Airlines, operando como Lion Air, é unha aeroliña de baixo custo indonesia. Baseada en Iacarta, Lion Air é a aeroliña privada máis grande do país e a segunda low-cost máis grande do sueste asiático. A compañía opera rutas domésticas e internacionais, conectando distintos destinos de Indonesia con Singapur, Filipinas, Malaisia, Tailandia, Australia, India e Arabia Saudita, ademais de realizar voos chárter a China, Hong Kong, Corea do Sur e Macau, con máis de 630 voos por día.
Creada en 1999, Lion Air tivo un gran crecemento nos últimos anos, mercando ao redor de 100 avións e cuns 250 pedidos. A aeroliña foi criticada por unha mala xestión operativa e áreas como programación e seguridade, aínda que se tomaron medidas para mellorar ese segundo aspecto. O 16 de xuño de 2016 a Unión Europea levantou a prohibición sobre a aeroliña para voar no espazo aéreo europeo. miniatura|Boeing 737-900ER Frota miniatura|Boeing 737-900ER En abril de 2018 a frota de Lion Air estaba formada polos seguintes avións: AviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A330-3003—440Boeing 737-800343189Boeing 737-900ER663213Os máis antigos van ser substituídos por Boeing 737 MAX.Boeing 737 MAX 88193180Os pedidos son tanto do MAX 8 como do 9. Cliente de lanzamento do MAX 9.Boeing 737 MAX 9—TBABoeing 737 MAX 10—50TBATotal111249
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Indonesia Categoría:Aeroliñas de baixo custo