En bioloxía molecular, os factores de choque térmico ou factores de shock térmico (HSF, do inglés heat shock factors) son os factores de transcrición que regulan a expresión das proteínas de choque térmico. Un exemplo típico é o factor de choque térmico de Drosophila melanogaster.

Función

Os factores de choque térmico (HSF) son activadores transcricionais dos xenes de choque térmico. Estes activadores únense especificamente a Elementos de Secuencia de Choque Térmico (HSE) por todo o xenoma cuxa secuencia consenso é un conxunto en támdem de tres motivos "AGAAN" con orientación oposta ou unha versión dexenerada deles. En condicións non estresantes, o HSF de Drosophila é un monómero non unido localizado no núcleo, mentres que a activación do choque térmico ten como resultado a trimerización e unión ao HSE. O Elemento de Secuencia de Choque Térmico (HSE) está moi conservado desde os lévedos aos humanos.

O factor de choque términco 1 (HSF-1) é o principal regulador da transcrición das proteínas de choque térmico en eucariotas. En ausencia de estrés celular, o HSF-1 é inhibido por asociación coas proteínas de choque térmico e, por tanto, non está activo. Os estreses celulares, como un incremento da temperatura, poden causar que as proteínas da célula sufran un pregamento incorrecto. As proteínas de choque térmico únense a proteínas mal pregadas e disócianse de HSF-1. Isto permite que o HSF1 forme trímeros e se traslade ao núcleo celular e active a transcrición. A súa función non só é crítica para superar os efectos proteotóxicos das perturbacións térmicas, senón que tamén cómpre para un axeitado desenvolvemento animal e a supervivencia global de células cancerosas.

Estrutura

Cada monómero HSF contén unha repetición de cremalleira de leucina C-terminal e tres N-terminais. As mutacións puntuais nestas rexións teñen como resultado a alteración da localización celular, o que fai que a proteína sexa constitutivamente nuclear en humanos. Dúas secuencias que flanquean as cremalleiras N-terminais concordan co consenso dun sinal de localización nuclear (NLS) bipartito. A interacción entre as cremalleiras N- e C-terminais pode orixinar unha estrutura que enmascara as secuencias do sinal de localización nuclear: despois da activación de HSF, estas poden quedar desenmascaradas, o que resulta na relocalización da proteína no núcleo. O compoñente de unión o ADN de HSF encóntrase no N-terminal da primeira rexión NLS, e denomínase dominio HSF.

Isoformas

Os humanos expresan os seguintes factores de choque térmico: xene proteína HSF1 factor de transcrición de choque térmico 1 HSF2 factor de transcrición de choque térmico 2 proteína de unión ao factor de transcrición de choque térmico 2 HSF4 factor de transcrición de choque térmico 4 membro 5 da familia do factor de transcrición de choque térmico familia do factor de transcrición de choque térmico, ligado ao X 1 familia do factor de transcrición de choque térmico, ligado ao X 2 factor de transcrición de choque térmico, ligado ao Y 1 factor de transcrición de choque térmico, ligado ao Y 2

Notas

Categoría:Factores de transcrición