miniatura|Edificio da antiga Universidade de Santiago, que albergou durante dous séculos a Facultade de Ciencias.Actualmente o edificio está ocupado pola Facultade de Xeografía e Historia.
A Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela é un edificio situado no Campus Sur (ou Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela. Deseñada en 1930 polo arquitecto Jenaro de la Fuente,Nuestra Universidad USC. Facultad de Química., foi residencia estudantil até que en 1962 pasou a ser a Facultade de Ciencias. Está situada ao pé da Alameda de Santiago de Compostela, na Avenida das Ciencias, s/n.USC. Facultade de Química. Enderezo..
Até 1962 os estudos de Ciencias impartíanse na actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, no antigo edificio da Universidade. A sección de Químicas estaba no terceiro andar, e os laboratorios no faiado.
Historia
miniatura|Panorámica do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, onde está situada actualmente a Facultade de Química (á esquerda, fóra da imaxe).
Tras a expulsión dos xesuítas en 1767 o rei Carlos III concédelle á Universidade de Santiago os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, comezando en 1769 a construción do novo edificio da Universidade, que foi inaugurado en 1805. Coa chegada do século XX rexístrase un aumento no número de alumnos, así como da oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en 1901 a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaba o Pazo de Fonseca) co apoio de Eugenio Montero Ríos, a Facultade de Veterinaria (actual sede do Parlamento de Galicia) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da Xunta de Galicia, en San Caetano).USC. Historia da USC. O edificio da Universidade central, rematado polas estatuas dos catro benfeitores e, enriba de todo, a escultura de Minerva e as Ciencias, grupo escultórico tallado polo noiés Xosé Ferreiro (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en 1962, no novo edificio da Facultade de Ciencias no Campus Sur,Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias en Memorias de Compostela. daquela coñecido como A Residencia.
Durante a primeira metade do século XX o edificio da Universidade acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o Paraninfo) e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (e cuxos laboratorios estaban no faiado). Na segunda metade dese século, coas novas construcións no Campus Sur, o antigo edificio central converteuse na actual Facultade de Xeografía e Historia.
O Museo de Historia Natural Ademais, a Facultade albergaba o Museo de Historial Natural "Luís Iglesias". Este museo ten a súa orixe no século XIX cando, no curso 1840-1841, se crea a "Cátedra de Historia Natural" e, asociado a ela, o "Gabinete de Historia Natural", que tiña como principal finalidade a docencia práctica. O seu primeiro director, Antonio Casares Rodríguez, foi quen iniciou o desenvolvemento deste Gabinete, coa recompilación de material existente na Universidade, a creación dun herbario e a recepción de exemplares de minerais doados por profesores e particulares. Diversas compras e doazóns, de coleccións e de exemplares diversos, foron arrequecendo o patrimonio del Gabinete durante a segunda metade do século XIX, especialmente até 1880. Nas dúas últimas décadas deste século, debido ao abandono por parte das autoridades universitarias e políticas, o Gabinete tivo unha época de decadencia, con notábeis perdas do seu patrimonio. A principios do século XX iniciáronse novas melloras e, no ano 1906 o Gabinete pasou á categoría de Museo de Historia Natural. Este Museo chegou a ocupar dúas plantas do antigo edificio da Universidade. No ano 1961 foi trasladado á antiga Facultade de Ciencias, hoxe Facultade de Química, facéndose cargo del o catedrático de Bioloxía e Xeoloxía Luís Iglesias,USC. Museo de Historia Natural "Luis Iglesias". na honra do cal o Museo leva hoxe o seu nome. Actualmente está situado no parque de Vista Alegre.Museo de Historia Natural de la Universidad de Santiago. Este Museo constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, xa que, entre as coleccións que alberga, destacan as resultantes dos traballos de investigación dos máis importantes naturalistas e científicos galegos dos séculos XIX, XX e da actualidade.
Titulacións impartidas Na actualidade, na Facultade de Química impártense as seguintes titulacións:USC. Facultade de Química. Estudos. Dobre Grao en Física e en Química Dobre Grao en Química e en Bioloxía Grao en Química Máster Universitario en Química Orgánica Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional Máster Universitario en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais
Equipo decanal O actual equipo de goberno está formado por:USC. Facultade de Química. Equipo de Goberno.
Decana: Mª del Pilar Bermejo Barrera Vicedecano: Pedro Rodríguez Dafonte Secretario: Jesús Sanmartín Matalobos
Departamentos Imparten docencia na Facultade docentes dos seguintes Departamentos da USC:USC. Facultade de Química, Departamentos.
Bioloxía Funcional Bioquímica e Bioloxía Molecular Botánica Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría Departamento externo vinculado ás titulacións Economía Aplicada Edafoloxía e Química Agrícola Enxeñaría Química Estatística, Análise Matemática e Optimización Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Física Aplicada Física de Partículas Fisioloxía Matemática Aplicada Microbioloxía e Parasitoloxía Organización de Empresas e Comercialización Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Química Física Química Inorgánica Química Orgánica Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Universidade de Santiago de Compostela
Ligazóns externas Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias no blog "Memorias de Compostela". (Neste blog pódense ver dúas fotos da fachada da Facultade de Química). Web da USC Web de Campus Vida, Campus de Excelencia Internacional da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Facultades en Santiago de Compostela Categoría:Química en Galicia