miniatura|Pasaxe no Barrio xudeu. miniatura|Mapa do Barrio xudeu da cidade vella de Xerusalén. O Barrio xudeu (, HaRova HaYehudi) é un dos catro barrios nos que está dividida a cidade vella de Xerusalén. A área, comprendida de 116.000 m², está situada no sueste da cidade amurallada. Esténdese desde a Porta de Sión, ao sur da cidade, ata o barrio armenio, no oeste, e o Muro das Lamentacións ao norte e o Monte do Templo, ao leste.

O barrio está habitado por 2.348 habitantes (2004) e alberga numerosas yeshivot e sinagogas, en particular a Sinagoga Hurva. Logo da súa construción en 1701, destruída en 1721, reconstruída en 1864 e destruída de novo en 1948 durante a ocupación árabe,In the Holy Land, a Rebuilding for the Generations, The Wall Street Journal Online, March 10, 2010 a Sinagoga Hurva foi reconstruída de novo no 2006 e volveu a consagrarse en 2010.

Historia miniatura|dereita|O espazo entre o Muro das Lamentacións e o barrio marroquí antes da destrución deste último para a construción da explanada. O barrio ten unha rica historia, con continua presenza xudía desde o século VIII a. C. Cando en 135, o emperador romano Adriano construíu a cidade de Aelia Capitolina sobre as ruínas da antiga Xerusalén, a Décima Lexión tiña o seu campamento no terreo do actual barrio xudeu."The Christian Heritage in the Holy Land" edited by Anthony O'Mahony with Goran Gunner and Hintlian. ISBN 1-900269-06-6. Pages 15 and 18. Jerome Murphy-O'Connor, "Pre-Constantinian Christian Jerusalem". At this time Hadrian expelled all Jews from the territory.

A comezos do século XX a poboación do barrio chegou aos 19.000 habitantes,The Battle for the Old City Consultado o 8 de decembro de de 2012. sen que fora unha poboación completamente xudía, existindo tamén outras comunidades vivindo no mesmo. Case todas as propiedades no barrio foron alugadas aos seus ocupantes como bens habices musulmáns (waqf). Esta foi unha das razóns para a expansión e construción ao oeste da cidade nos últimos anos do Imperio Otomán, xa que a terra fóra da cidade era propiedade de pleno dereito (mulk) e máis fácil de adquirir.Alexander Scholch, "Jerusalem in 19th Century (1831 - 1917 AD)" in "Jerusalem in History", Edited by K.J. Asali. 1989. ISBN 0-905906-70-5. Page 234. Deste xeito, comezaron a xurdir novos barrios fora da cidade vella, como Mishkenot Sha'ananim ou Mea Shearim, co que o número de habitantes xudeus dentro da cidade vella descendeu paulatinamente.

Características É o barrio máis coidado da cidade vella. Logo da conquista israelí do sector oriental da cidade trala Guerra dos Seis Días, esta volveuse a reconstruír dos graves estragos producidos polos bombardeos xordanos durante a Guerra de independencia de Israel, e do descoido e a falta de mantemento durante o período de ocupación árabe.

Para a súa reconstrución se tivo constancia da aparencia orixinal do barrio, as fronteiras do barrio definíronse e comezaron os procesos de topografía e cartografía. A súa superficie foi ampliada ao incorporar áreas do barrio armenio que non pertenceran ao barrio xudeu (incluíndo os complexos Ja'ouni, Bashiti e Anabousi, que eran propiedade de árabes locais pero foron expropiadas). Incorporouse tamén o veciño barrio marroquí de Xerusalén, demolido en 1967,The Moroccan Quarter: A History of the Present, Thomas Abowd, Jerusalem Quaterly, nº7, 2000. Acceso 21-07-2012 (en inglés). o que posibilitou construír unha explanada para os fieis xudeus, visitantes e turistas diante do Muro das Lamentacións e iniciou así a transformación física do barrio, grazas ao cal tanto as rúas como as casas e prazas foron completamente renovadas.

O seu está na praza Hurva (se ben anteriormente era a praza Batei Mahaseh). Se trata dunha pequena praza cunha placa conmemorativa dos sucesos de 1948, cando os xordanos reuniron a todos os xudeus e os expulsaron da cidade vella á parte oeste de Xerusalén.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Barrios da cidade vella de Xerusalén