Blanca María Brage Cendán, nada en Ares en 1963, é unha actriz galega.

Traxectoria Estudou Historia e alemán, e comezou a actuar no teatro en 1988 coa compañía Chévere. É unha das co-fundadoras da Sala Nasa de Santiago de Compostela.

En abril de 2010 foi elixida directora do Centro Dramático Galego"A actriz Blanca Cendán é a nova directora do Centro Dramático Galego" , artigo en www.agadic.info, 10 de abril de 2010., e baixo ela o CDG produciu As actas escuras de Roberto Vidal Bolaño, Salomé de Oscar Wilde, e A ópera dos tres reás de Bertold Brecht. O 23 de marzo de 2012 foi destituída como directora do CDGBlanca Cendán: "Non podemos permitir que os políticos de turno desmantelen todo", Praza Pública, 23/3/2012..

Televisión Unha de romanos, 1989 Pratos combinados, 1999 Galicia exprés, 2000 Un mundo de historias, 2000 Fíos, 2002 Valderrei, 2007

Cine Urxa, 1989 Cal dous estraños, 1991 (curtametraxe) Bobo Furcia, 2002 (curtametraxe) A boa caligráfica, 2004 (curtametraxe) Galatasaray-Dépor, 2005

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blanca Cendán en AVG

Categoría:Actores de Ares Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ares Categoría:Nados en 1963 Categoría:Directores do Centro Dramático Galego Categoría:Actores de cinema de Galicia