Carlos Alberto Zubillaga Barrera, nado en Montevideo en 1941, é un historiador, xenealoxista e docente universitario uruguaio. É membro de honra da Real Academia Galega.
Traxectoria Licenciouse en 1973 en historia pola Universidade da República e no ano 2001 logrou o doutoramento na Universidade de Buenos Aires. Foi membro do Consello da Facultade de Humanidades e Ciencias (desde 1989 denominada Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación) da súa alma máter en representación, ao longo do tempo, da Orde Estudantil, da Orde dos Diplomados e da Orde Docente. Ademais foi decano desa facultade durante dous mandatos: 1989-1993 e 1993-1997, e tamén integrante do Consello Directivo Central (CDC) da Universidade da República entre os anos 1988-1997 e nesa universidade exerceu como profesor titular de historia da historiografía, e de teoría e metodoloxía da historia, director do Departamento de historioloxía, coordinador do Instituto de Ciencias Históricas e director do Centro de Estudos Galegos (Cegal). miniatura|300px|Nós: Órgano Oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos. Foi Profesor de teoría e metodoloxía da historia no Instituto de Profesores Artigas (IPA) de Montevideo, entre os anos 1971-1977, director do Seminario de Formación de Investigadores en Historia no Centro Latinoamericano de Economía Humana (CLAEH) de Montevideo, profesor de historia da cultura (1979-1985) e de historia latinoamericana e nacional (1983-1985), no Instituto Teolóxico do Uruguai Monseñor Mariano Soler.
Desenvolveu diversas investigacións temáticas de indagación histórica e dende unha perspectiva multidisciplinar. Representante da denominada Nova Historia contribuíu á renovación historiográfica uruguaia que comezou a mediados da década de 1960, converténdose nun dos principais referentes da historiografía uruguaia contemporánea e mais da reflexión teórico-metodolóxica da historia.Leticia Soler (2000). Historiografía uruguaya contemporánea, 1985-2000. Ediciones Trilce, p. 45 Prestou tamén unha especial atención á xenealoxía, preocupado pola difusión dos seus novos aspectos teórico-metodolóxicos e da súa cualidade de ciencia auxiliar da historia, considerándose discípulo de Juan Alejandro Apolant, autor da monumental Génesis de la Familia Uruguaya. Tamén é un recoñecido investigador do galeguismo político e, particularmente, da súa proxección no continente americano."O profesor Carlos Zubillaga reivindica e documenta no seu libro "Castelao y Uruguay" a importancia das relacións do galeguista coa colectividade uruguaia", CCG, 11/5/2005.
Colaborou coa revista Semanario Aquí (1983-1986).
Obra
Los niños de la guerra. Montevideo, Linardi y Risso, 2013
Relixión e rexiosidade na temperá emigración galega a Uruguai, A Coruña, Real Academia Galega, 2012 Cultura popular en el Uruguay de entresiglos (1870-1910), Montevideo, Linardi y Risso, 2011. (Premio Bartolomè Hidalgo 2011 ao mellor ensaio histórico). Perfiles en sombra. Aportes a un diccionario biográfico de los orígenes del movimiento sindical en Uruguay. Montevideo, Libraría da Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación, 2008. Historia e Historiadores en el Uruguay del siglo XX, Montevideo, Libraría da Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación, 2002. "O exilio galego en Montevideo: ¿subsidiario ou autónomo?" en Congreso Internacional o Exilio Galego (2001. Santiago de Compostela), 2001, ISBN 84-96530-29-9, páxs. 393-420 Carlos Gardel (Prólogo de Jorge Luis Borges), Madrid, Ediciones Jucar, 1976. Artigas y los Derechos Humanos, Montevideo, Edición do Comité Central Israelita do Uruguai, 1966. Herrera. La encrucijada nacionalista (en colaboración). Montevideo, Editorial Arca, 1977. Cristianos y cambio social en el Uruguay de la modernización (1895-1919), canda Mario Cayota, Montevideo, Ediciones del CLAEH, 1982 (edición mimeografiada). CLAEH - Ediciones de la Banda Oriental, Montevideo, 1989. "Castelao y el Uruguay." en Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 de novembro de 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds. Cursos e Congresos nº 62. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. 1989. ISBN 84-7191-568-5 (tomo I). ISBN 84-7191-570-7 (obra completa). Páxs. 163-170. A prensa galega de inmigración en Uruguai. Vigo, Consello da Cultura Galega, 1996 Los cruceiros del Montevideo antiguo.Montevideo, Patronato da Cultura Galega, 1967
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Nós (Uruguai)
Categoría:Escritores do Uruguai Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Historiadores do Uruguai Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Galicianistas Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade da República Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xenealoxistas