Eu andei cun zombi () é un filme estadounidense de terror de 1943 baseado en parte nun artigo escrito por Inez Wallace e publicado na revista The American Weekly e na novela de Charlotte Brontë Jane Eyre.
O filme foi dirixido por Jacques Tourneur e producido por Val Lewton. Vodú, zombis e maxia negra combínanse nunha illa misteriosa neste clásico de terror de serie B.
Foi emitido na TVG o 20 de febreiro de 2016.La Voz de Galicia, 20 de febreiro de 2016. Páxina 54.
Argumento Betsy Connell, unha enfermeira canadense, é contratada polo señor Holllan, un terratenente dunha plantación azucreira na illa antillana de San Sebastián, para que coide a súa dona, Jessica. Unha vez aló, Betsy comproba que a enferma está nunha especie de estado catatónico; os habitantes do lugar din que é unha zombi.
Elenco Tom Conway como Paul Holland. Frances Dee como a enfermeira Betsy Connell James Ellison como Wesley Rand Edith Barrett como Sra. Rand Christine Gordon como Jessica Holland James Bell como Dr. Maxwell Theresa Harris como Alma Sir Lancelot como cantante de calipso Darby Jones como Carre-Four Jeni Le Gon como bailarín
Produción O produtor Val Lewton foi obrigado a empregar o título do filme polos executivos de RKO. Oficialmente, baseábase nun artigo escrito por Inez Wallace na American Weekly Magazine.Wallace, Inez. "I Walked with a Zombie." Reprinted in Peter Haining, Zombie! Stories of the Walking Dead (Londres 1986): pp.95- 102. Lewton pediu aos guionistas que tomasen Jane Eyre, de Charlotte Brontë para dar á historia unha estrutura narrativa e investigasen sobre as prácticas do vodú
Anna Lee foi seleccionada inicialmente para o papel de Frances Dee, mais tivo que retirarse por ter outro compromiso.
Crítica A pesar de que Eu andei cun zombi foi definido como "unha esaxeración aburrida e repugnante dun enfermizo e anormal concepto da vida"En inglés, "A dull, disgusting exaggeration of an unhealthy, abnormal concept of life". por The New York Times en 1943,Review in The New York Times, 22 de abril de 1943 os críticos despois chamárona "intelixente" (William K. Everson),William K. Everson: Classics of the Horror Film. The Citadel Press, 1974. "excepcional" (Leonard Maltin)Leonard Maltin's 2008 Movie Guide. Signet/Penguin Group, 2007. e "o máis elegante" dos filmes de terror de Lewton na RKO (Tom Milne).Time Out Film Guide, Seventh Edition 1999. Penguin Group, 1998.
En 2007, Stylus Magazine considerouno o quinto mellor filme de zombis da historia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Guión
Categoría:Filmes de 1943 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jacques Tourneur Categoría:Filmes ambientados no Caribe Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de 1943 con versión en galego