La Revue de Catalogne foi unha revista que se publicou en Marsella en 1929 centrada na cultura catalá.

Características Fundouse en marzo de 1929 dirixida e editada por Pierre Rouquette e artellábase en oito seccións: "Revue des Revue catalanes", "Les Lettres", "L'Érudition", "L'Humanisme", "La Musique catalane", "Le Théatre", "Les Arts"  e "La Catalogne à l'étranger". A meirande parte dos colaboradores eran franceses, mais tamén participaron xornalistas e escritores cataláns. Importante foi o apoio do escritor e político mallorquí Joan Estelrich, moi ligado ao líder da Lliga Regionalista Francesc Cambó. A intención era publicala mensualmente pero só saíron cinco números, o derradeiro o 1 de agosto. 

A revista centrábase na cultura catalá en todos os seus aspectos, dende a literatura á música pasando polas artes. Publicada integramente en lingua francesa, Roquette quería que fose o trazo de unión entre Cataluña e a elite internacional. Tecnicamente a revista inspirábase no formato de  La Nova Revista (1927-1929), revista cultural dirixida por Josep Maria Junoy. 

Bibliografía

Coll-Vinent, Sílvia: Joan Estelrich i la cultura europea del seu temps, dins de Jornades d’estudi sobre Joan Estelrich. Palma, 2008. Grau, Pierre, L’aide des Occitants aux intellectuels catalans, dins de Les exils catalans en France. París, 2005. ARCA: http://mdc2.cbuc.cat/cdm/search/collection/recatalogne Biografía Joan Estelrich. Wikipedia: Joan Estelrich i Artigues

Categoría:Revistas de Francia