Isabel de Aragón, nada en Barcelona en 1376 e finada en Alcolea de Cinca, Aragón o 28 de xaneiro de 1424, foi unha Infanta de Aragón e condesa consorte de Urgell (1408-1413), filla de Pedro IV de Aragón e da súa cuarta esposa, Sibila de Fortià.

Contraeu matrimonio o 20 de xuño de 1407 en Valencia co conde Xaime II de Urgell quen, á morte de Martín o Humano sen sucesor, foi un dos pretendentes ao trono aragonés por ser bisneto do rei Afonso IV de Aragón, durante o Compromiso de Caspe de 1412.

Desta unión naceron: Isabel de Urgell, duquesa de Coímbra (1409-1443), casada en 1428 co infante Pedro de Portugal, I duque de Coímbra. Leonor de Urgell (1414-1438), casada o 1436 con Ramón del Balzo Orsini, príncipe de Salerno, duque de Amalfi e conde de Nola. Xoana de Urgell (1415-1445), casada en 1435 con Xoán I de Foix e o 1445 con Joan Ramon Folc III de Cardona. Beatriz de Urgell, morreu nova. Filipe de Urgell (m. 1422) Catarina de Urgell (m. 1424)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1376 Categoría:Finados en 1424 Categoría:Casa de Aragón Categoría:Infantes de Aragón