Félix Caballero Wangüemert, nado en Logroño en 1967, é un xornalista español.

Vive en Galicia desde 1991.

Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e doutor en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo coa tese Xaquín Marín, innovación e tradición no humor gráfico galego (2015). Traballou como xornalista en El Correo Gallego, Ría de Vigo e España Exterior. Ten publicado artigos sobre o humor en libros colectivos e revistas de comunicación. Fixo viñetas de humor para xornais e revistas, como Ribera Navarra, O Correo Galego e Ollo Público.

Obras

Galego O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro (2012). Cangas de Morrazo: Morgante. 174 páxs. ISBN 978-8415166436. O humor galego alén da retranca (2012). Cangas de Morrazo: Morgante. 144 páxs. ISBN 978-8415166429. O humor en cadriños II. Conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Kiko da Silva e Meixide (2017). Cangas de Morrazo: Morgante. 178 páxs. ISBN 978-8415166665. Falemos de caricatura (2018). Con Siro. Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 9788491213253. X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego (2018). Vigo: Galaxia. 240 páxs. ISBN 978-84-9151-168-7. A retranca. Un intento de clarificación (2022). Vigo: Galaxia. 154 páxs. ISBN 978-84-9151-958-4.

Infanto-xuvenil

O tesouro do casqueiriño (2023). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-1176-044-7. Ilustracións de Evaristo Pereira.

Castelán

Pienso, luego embisto (2000). Baartleby Ed. 80 páxs. ISBN 978-8495408051. Vinieras y te fueras dulcemente (2001). Ed. Cardeñoso. 80 páxs. ISBN 978-84-8190-218-1. Sólo sé que no sé nadar (2002). Ed. Caradeñoso. 102 páxs. ISBN 978-84-8190-258-7. 20 riojanos del siglo 20 (2018). Ed. Emilianenses. 164 páxs. ISBN 978-84-944886-5-8. Jesús, humorista. Comicidad, humorismo y sátira en los Evangelios (2019). Amazon. 321 páxs. ISBN 978-84-949835-2-8.

Notas

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Xornalistas da Rioxa Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1967 Categoría:Personalidades sen imaxes