A analoxía do reloxeiro ou argumento do reloxeiro é un argumento teleolóxico que afirma, por medio dunha analoxía, que a existencia dun deseño implica a existencia dun deseñador. A analoxía establécese entre un reloxo (ou outro aparato complexo) e os sistemas naturais, como o corpo dos seres vivos ou o universo enteiro. Esta analoxía exerceu un importante papel en teoloxía natural e o "argumento a partir do deseño", onde foi utilizado para apoiar argumentos en favor da existencia de Deus e do deseño intelixente do universo, tanto no cristianismo coma no deísmo.

Isaac Newton, entre outros líderes da revolución científica, incluíndo René Descartes, sostiña "que as leis físicas que el descubriu revelaban que a perfección mecánica do funcionamento do universo era similar a un reloxo, polo que o reloxeiro é Deus."

A publicación en 1859 da teoría de Charles Darwin da selección natural propuxo unha explicación da complexidade e a adaptación, o cal reflicte o consenso científico sobre as orixes da diversidade biolóxica."Tales controversias que existen teñen que ver cos detalles dos mecanismos da evolución, non da validez da teoría global da evolución, que é unha das teorías mellor sustentada de toda a ciencia." Science and Creationism: A View from the National Academy of Sciences, Second Edition United States National Academy of Sciences Para algúns, isto proporciona un contraargumento á analoxía do reloxeiro: por exemplo, o biólogo evolutivo Richard Dawkins fixo referencia á analoxía no seu libro de 1986 The Blind Watchmaker (O reloxeiro cego) dando a súa explicación da evolución. Outros, porén, consideran que a analoxía do reloxeiro é compatible coa creación evolutiva, e opinan que os dous conceptos non son mutuamente excluíntes. No século XIX, os deístas, que defendían a analoxía do reloxeiro, mantiñan que a teoría de Darwin concordaba co "principio do uniformismo, a idea de que todos os procesos no mundo ocorren agora igual que ocorreron no pasado" e que a evolución deísta "proporcionou unha armazón explicativa para entender a variación das especies nun universo mecánico."

No caso dos Estados Unidos, a partir da década de 1960, os creacionistas revitalizaron versións do argumento para discutir así os conceptos de evolución e selección natural, e hobo un renovado interese no argumento do reloxeiro. A afirmación máis famosa deste argumento teleolóxico que usa a analoxía do reloxeiro fíxoa William Paley no seu libro de 1802 Natural Theology or Evidences of the Existence and Attributes of the Deity (Teoloxía natural ou probas da existencia e atributos da deidade).

Historia Revolución científica

A revolución científica "alimentou unha crecente conciencia" de que "había leis universais da natureza en funcionamento que ordenaban o movemento do mundo e as súas partes." James K. A. Smith e Amos Yong escribiron que en "astronomía, a revolución copernicana referido ao heliocentrismo do sistema solar, as tres leis de Johannes Kepler (1571–1630) do movemento planetario, e a lei de Isaac Newton (1642–1727) da gravitación universal (leis da gravitación e do movemento, e nocións do espazo absoluto e o tempo) todos combinados para establecer as regularidades dos corpos terráqueos e celestes." Con este pano de fondo, os "deístas suxeriron que a analoxía do reloxeiro: igual que os reloxos son postos en movemento polos reloxeiros, despois do cal operan de acordo cos seus mecanismos preestablecidos, así que o mundo empezou con Deus como creador, despois do cal este e todas as súas partes operan de acordo coas súas leis naturais preestablecidas. Con estas leis en perfecto funcionamento, os eventos foron desenvolvéndose de acordo co plan prescribido." Para Isaac Newton, "o movemento regular dos planetas fai que sexa razoable crer na continuada existencia de Deus." Newton tamén sostiña a idea de que "como un reloxeiro, Deus estaba forzado a intervir no universo e axustar o mecanismo de cando en vez para asegurarse que continúa operando en bo funcionamento." Como Newton, René Descartes consideraba "o cosmos como unha gran máquina do tempo que funcionaba segundo leis fixadas, un reloxo creado e dado corda polo gran reloxeiro."

William Paley

Os reloxos foron utilizados como exemplos de tecnoloxía complicada en discusións filosóficas. Por exemplo, Cicerón, Voltaire e René Descartes utilizaron reloxos en argumentos sobre o propósito. A analoxía do reloxeiro, como se describiu aquí, foi utilizada por Bernard le Bovier de Fontenelle en 1686, pero fíxose famosa coa formulación de William Paley.

Paley utilizou a analoxía do reloxeiro no seu libro Natural Theology, or Evidences of the Existence and Attributes of the Deity collected from the Appearances of Nature, publicado en 1802. Nel, Paley escribiu que se se encontra un reloxo de peto nun páramo, é moi razoable asumir que alguén o deixou alí e que foi feito por un reloxeiro, non por forzas naturais:

miniatura|William Paley

Paley seguiu argumentando que as complexas estruturas das cousas vivas e as salientables adaptacións de plantas e animais necesitaban da existencia dun deseñador. Cría que o mundo natural era a creación de Deus e mostraba a natureza dun creador. Segundo Paley, Deus deseñou coidadosamente "incluso aos máis humildes e insignificantes organismos" e todas as súas diminutas características (como as ás e as antenas das cadelas de frade). El cría, por tanto, que Deus debe coidar incluso máis pola humanidade.

Paley recoñeceu que hai grandes sufrimentos na natureza e que a natureza parece ser insensible á dor. A súa maneira de reconciliar iso coa súa crenza nun Deus benevolente era asumir que na vida hai máis pracer que dor.

Joseph Butler

William Paley explicou nas súas clases as obras de Joseph Butler e parece que construíu sobre os argumentos de deseño de Butler de 1736 a inferencia de existir un deseñador a partir das probas de deseño. Butler sinalou: "Como as múltiples aparencias de deseño e de causas finais na constitución do mundo proban que este é o traballo dunha mente intelixente ... As aparencias de deseño e de causas finais na constitución da natureza que realmente proban que este axente actuante é un deseñador intelixente... dez mil exemplos de deseño, non poden se non que probar [a existencia de] un deseñador.".

Jean-Jacques Rousseau

Rousseau tamén mencionou a hipótese do reloxeiro. Escribiu o seguinte no seu libro de 1762 o Emilio:

Críticas David Hume

David Hume (1711-1776) ofreceu varios das máis memorables críticas filosóficas á analoxía do reloxo formulada primeiramente por diversos autores e posteriormente por Paley, antes de que se desenvolvese a teoría de Darwin da evolución. As súas críticas poden dividirse en tres grandes aspectos:

A súa primeira obxección é que non temos a experiencia da construción do mundo. Hume salientou o feito de que cando dicimos que coñecemos a causa de algo, estamos derivando inducións a partir de experiencias previas de obxectos similares creados ou que temos visto nós mesmos como o propio obxecto é creado. Por exemplo, co reloxo, sabemos que tivo que ser creado por un reloxeiro porque podemos observar como o fabrican e comparalo coa fabricación doutros reloxos ou obxectos similares para deducir que son causas similares na súa creación. Porén, argumenta que non temos experiencia da creación do universo ou de calquera outra creación de universos para compararmos o noso propio universo e nunca a teremos; por tanto, sería ilóxico inferir que o noso universo foi creado por un deseñador intelixente da mesma maneira que o é un reloxo.

A segunda crítica que ofrece Hume é sobre a propia forma do argumento como unha analoxía. Un argumento analóxico afirma que como o obxecto X (un reloxo) é como o obxecto Y (o universo) nun aspecto, ambos os dous son, por tanto, probablemente similares noutro aspecto oculto (a súa causa, ao seren creados por un deseñador intelixente). Sinala que para que un argumento desde a analoxía sexa exitoso, as dúas cousas que deben ser comparadas teñen que ter un número adecuado de semellanzas que son relevantes con respecto ao que son analoxizadas. Por exemplo, un gato e un león poden ser moi similares en moitos aspectos, mais só porque o león emite "ruxidos", non sería correcto inferir que un gato tamén "roxe": as semellanzas entre os dous obxectos non son similares dabondo e o grao de relevancia dos sons que fan non é o bastante relevante. Hume despois argumenta que o universo e un reloxo tampouco teñen suficiente relevancia ou estreitas semellanzas para inferir que ambos foron creados da mesma maneira. Por exemplo, o universo está feito de material natural orgánico, pero o reloxo está feito de materiais mecánicos artificiais metálicos. El afirma que no mesmo sentido, podería arguírse que o universo é máis análogo a algo máis orgánico como un vexetal (no cal podemos observar por nós mesmos que non necesita un 'deseñador' ou un 'reloxeiro' para ser creado). Aínda que admite que a analoxía dun universo e un vexetal parece ridícula, di que é igual de ridículo establecer a analoxía entre o universo e un reloxo.

A terceira crítica que formula Hume é que mesmo se o argumento proporciona realmente a proba da existencia dun deseñador; aínda non proporciona probas do tradicional Deus 'omnipotente' e 'benevolente' do teísmo cristián tradicional. Unha das principais asuncións do argumento de Paley é que 'similares efectos teñen similares causas'; ou que as máquinas (como o reloxo) e o universo teñen características similares de deseño e así ambos os dous teñen tamén a mesma causa da súa existencia: ambos deben ter un deseñador intelixente. Porén, Hume sinala que o que Paley non comprende é en que medida se estenden as 'causas similares': en que grao é similar a creación dun universo á creación dun reloxo. En vez disto, Paley chega directo á conclusión de que o seu deseñador do universo é o 'Deus' do cristianismo tradicional no que el cre. Porén, Hume colle a idea das 'causas similares' e indica algúns absurdos potenciais do lonxe ao que se pode levar a extensión da 'semellanza' destas causas se o argumento fose tomado máis alá para explicar isto. Un exemplo que el utiliza é como unha máquina ou un reloxo é xeralmente deseñado por un equipo de persoas en lugar de por unha soa persoa. Seguramente, se estamos facendo a analoxía entre os dous deste xeito, sinalaría que habería un grupo de deuses que creou o universo en vez dun só ser. Outro dos exemplos que el utilizou é que as máquinas complexas son xeralmente o resultado de moitos anos de ensaio e erro e cada nova máquina é unha versión mellorada da anterior. Ademais por analoxía de ambos, acaso non insinuaría que o universo podería tamén ser só un dos moitos 'ensaios' de Deus e que existen outros universos moito mellores por aí? Porén, se iso se tomase como certo, seguramente o 'creador' de todo iso non sería 'benevolente' e 'todopoderoso' se eles levasen a cabo o proceso de 'ensaio e erro' cando crearon o universo?

Hume tamén sinala que hai aínda a posibilidade de que o universo puidese ser creado por unha casualidade aleatoria pero aínda así mostrase evidencias de deseño, xa que o universo é eterno e tería un tempo infinito para converterse nun universo tan complexo e ordenado como o noso. El denominou isto 'hipótese epicúrea'. Argumentou que cando o universo foi inicialmente creado, o universo era aleatorio e caótico, pero se o universo é eterno, nun período ilimitado de tempo, as forzas naturais podían 'evolucionar' naturalmente por medio de partículas aleatorias que se xuntan co tempo no sistema incriblemente ordenado que podemos observar hoxe sen a necesidade de que teña que haber un deseñador intelixente como explicación.

Charles Darwin miniatura|200px|Charles Darwin en 1880

A teoría evolutiva de Charles Darwin proporciona outra explicación ao 'deseño' que se observa nos seres vivos.