miniatura|dereita|Edificio da Facultade de Medicina da USC na rúa de San Francisco A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela é unha institución docente da Universidade de Santiago de Compostela situada en tres localizacións: na rúa de San Francisco, s/n, onde se imparte Medicina (e onde está a Biblioteca da Facultade); na rúa Entrerríos, s/n, onde se cursa Odontoloxía, e na rúa da Choupana, s/n, onde está o Edificio Docente Roberto Novoa Santos.

Estudos impartidos Na Facultade de Medicina e Odontoloxía impártense as seguintes titulacións:USC. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Estudos. Grao en Medicina. Grao en Odontoloxía. Mestrado Universitario en Investigación Biomédica. Mestrado Universitario en Condicionantes Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento. Mestrado Universitario en Investigación en Ciencias da Visión. Mestrado Universitario en Saúde Pública.

Equipo de goberno O equipo de goberno da Facultade está integrado por:USC. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Goberno. Decano: Julián Álvarez Escudero. Vicedecano: José Martín Carreira Villamor. Vicedecana: Ángela María Torres Iglesias. Vicedecano: Jacobo Limeses Posse Secretaria: María Teresa Castaño Oreja

Departamentos Na Facultade imparten docencia os seguintes Departamentos da USC:USC. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Departamentos.

Bioloxía Funcional Bioquímica e Bioloxía Molecular Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría Ciencias Morfolóxicas Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas Departamento externo vinculado ás titulacións Dereito Público e Teoría do Estado Dereito Público Especial e da Empresa Estatística, Análise Matemática e Optimización Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica Filoloxía Inglesa e Alemá Filosofía e Antropoloxía Física Aplicada Fisioloxía Fundamentos da Análise Económica Historia Matemática Aplicada Matemáticas Microbioloxía e Parasitoloxía Organización de Empresas e Comercialización Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía Química Física Química Orgánica Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física

Notas

Véxase tamén Outros artigos Facultade de Medicina de Santiago de Compostela Edificio Docente Roberto Novoa Santos

Categoría:Facultades en Santiago de Compostela