O Saab 35 Draken ("the kite" ou "o dragón") foi un caza sueco desenvolvido e fabricado por Saab entre 1955 e 1974. Foi o primeiro avión completamente supersónico desenvolvido en Europa Occidental.
O Draken foi desenvolvido durante os anos 40 e 50 para substituír a primeira xeración de cazas a reacción suecos, o Saab J 29 Tunnan e, posteriormente, a versión de caza do Saab 32 Lansen, o J 32B. Contaba cunha innovadora á en dobre delta; co obxectivo de probar esta característica aerodinámica inexplorada anteriormente, produciuse e voouse nun avión de proba a escala reducida, o Saab 210. Desenvolvido en Suecia, o Draken foi introducido ao servizo coa Forza Aérea de Suecia o 8 de marzo de 1960. Os primeiros modelos crearonse coa única intención de desenvolver misións de defensa aérea e considerouse un caza moi capaz na súa época.
O Draken funcionou como un efectivo caza supersónico durante a guerra fría. No servizo sueco pasou por distintas actualizacións, sendo a última delas o modelo J 35J. Nos anos 80 os Draken de Suecia foron case todos substituídos polo caza máis avanzado Saab 37 Viggen, mentres se agardaba que o máis moderno Saab JAS 39 Gripen entrase en servizo na década seguinte, aínda que se atrasou. Como consecuencia de recortes e altos gastos de mantemento, Suecia optou por retirar o Draken en decembro de 1999. O modelo foi tamén exportado a Austria, Dinamarca, Finlandia e os Estados Unidos, que o operou como avión de adestramento para pilotos de proba.
Desenvolvemento Cando se iniciou a era dos reactores, Suecia previu que podería haber unha gran necesidade para un caza que puidese interceptar bombardeiros a grande altitude e tamén atacar a outros cazas. Durante o mes de setembro de 1939 a Forza Aérea Sueca, a través da Administración de Materiais da Defensa Sueca, publicou o requirimento para un interceptor vangardista que foi concibido para ser capaz de atacar bombardeiros hostís a velocidade transónica.Andersson 1989, p. 125. No momento de ser publicado o requirimento especificaba unha velocidade máxima de Mach 1,4 a 1,5; porén, durante 1956, a velocidade revisouse e ampliouse ata Mach 1,7-1,8.
Outras necesidades especificadas eran que tiña que ser voado por un único piloto, debía ser capaz de realizar operacións de combate baixo todo tipo de condicións meteorolóxicas ou pola noite, e con capacidade para operar dende pistas relativamente austeras cargando todo o equipo preciso para interceptar bombardeiros modernos. Aínda que outros interceptores, como o F-104 Starfighter da USAF, estaban sendo concibidos durante o mesmo período, o novo caza debería asumir un rol único para Suecia. Requeríase especificamente a habilidade para operar dende estradas públicas reforzadas, que eran usadas como parte de bases aéreas en tempo de guerra. O avión tamén necesitaría ser recargado e rearmado en non máis de dez minutos por soldados cun adestramento mínimo.
En resposta ao requirimento, o fabricante sueco SAAB comezou a traballar na produción dun aparello que cumprise o rol asignado. Estudos preliminares atoparan que a meirande parte dos problemas críticos que apareceron para cumprir os requisitos podían solucionarse a través da adopción dunha configuración de á delta. Porén, isto suscitou novas dificultades, de xeito que para obter unha posición aerodinámica desexable, a parte dianteira da fuselaxe debería extenderse e, como consecuencia, o avión volveríase demasiado pesado. A solución óptima a este enigma descubríuse na forma dunha á en dobre delta. Porén, esta configuración de á non estaba o suficientemente explorada e polo tanto o equipo de deseño de SAAB no proxecto, un grupo de máis de 500 técnicos liderado polo enxeñeiro Erik Bratt, optaron por deseñar e construír un reactor máis pequeno coa intención de explorar o comportamento desta revolucionaria nova á.
O resultado foi o único avión de probas a tamaño reducido fabricado en Suecia, o Saab 210, que foi alcumado de xeito non oficial "Lilldraken" (pequeno dragón). O Saab 210 realizou o seu primeiro voo o 21 de xaneiro de 1952.Andersson 1989, p. 127 Os exitosos resultados conseguidos nos voos de proba do Lilldraken deron lugar a un pedido de tres prototipos do Draken.Andersson 1989, p. 126 25 de outubro de 1955 o primeiro deles, que non estaba equipado con postcombustión, realizou o seu voo de estrea.Andersson 1989, p. 128 Os prototipos realizaron un pouco común e intenso programa de probas para definir e probar o excepcional rango de velocidades e complicados sistemas do modelo. O segundo prototipo, xa equipado con postcombustión, rompeu involuntariamente a barreira do son durante o seu primeiro voo mentres trepaba.Erichs et al. 1987
Durante o ano 1956 foi pedida para ser producida en certo número a primeira versión operacional do Draken, designada como J 35A. Durante o mes de febreiro de 1958 o primeiro aparello de produción realizou o seu primeiro voo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Erichs, Rolph et al. The Saab-Scania Story. Stockholm: Streiffert & Co., 1988. .
Categoría:Cazas 0035 Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1955