miniatura|Bandeira da Igrexa ortodoxa grega, alzada na illa de Santorini.
A bandeira utilizada pola Igrexa ortodoxa grega, o Patriarcado ecuménico de Constantinopla e o territorio autónomo do Monte Athos é a representación da pedra de aguia bicéfala con coroa, orbe e espada sobre un campo dourado..
Esta aguia bicéfala é tamén coñecida como “Aguia de Lagash” pola súa descuberta na cidade sumeria de Lagash, no actual Iraq. Igualmente abunda como emblema na posterior civilización Hitita que floreceu nese mesmo país entre os séculos XX e XIII antes de nosa era, chegando na Idade Media a Europa a través de Bizancio que a usou para representar as dúas herdanzas de oriente e occidente que pretendía como sucesor do imperio romano. A partir do ano 1250 o Sacro Imperio Romano Xermánico adopta a bandeira ata a súa disolución en 1806. Máis tarde será conservada como emblema polo imperio austríaco ata a súa terminación en 1919, ano no que se instaura a República de Austria. Actualmente úsaa a Igrexa ortodoxa grega para resaltar o seu carácter descendente de Bizancio.
Notas
Categoría:Bandeiras con animais Categoría:Igrexa ortodoxa Categoría:Símbolos de Grecia