Charlie Airlines, operando como Cyprus Airways, é unha aeroliña chipriota baseada no aeroporto de Larnaca. A compañía colleu o seu nome da quebrada Cyprus Airways despois de gañar os dereitos para poder usalo. O logotipo da aeroliña incorpora unha póla de olivo, o principal símbolo de Chipre.

Historia No ano 2016 anunciouse que S7 Airlines planeaba lanzar unha aeroliña chipriota co nome Charlie Airlines. No mes de xullo anunciouse que a compañía gañara unha compatición polos dereitos de uso da marca Cyprus Airways durante unha década.

O 4 de marzo de 2017 a aeroliña realizou o seu voo de proba dende o aeroporto de Larnaca ao aeroporto de Heraclión cun Airbus A319, como parte do procedemento para obter o seu certificado de operador.

O 14 de marzo de 2017 anunciouse que a aeroliña obtivera o seu certificado de operador aéreo do Departamento de Aviación Civil de Chipre.

Frota En maio de 2018 a frota de Charlie Airlines estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Charlie AirlinesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A319-1002144Total2

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Chipre