Marco Ulpio Traxano (en latín: Marcus Ulpius Traianus), coñecido abreviadamente como Traxano, nado en Itálica, o 18 de setembro do ano 53 e finado en Selinus o 9 de agosto de 117,Cascón (1990), p. 49 foi un emperador romano. Reinou desde o ano 98 até a súa morte, e foi o primeiro emperador de orixe non itálica. Foi o segundo da tradicionalmente chamada dinastía Antonina, ou como se prefire chamar hoxe en día, dinastía Ulpio-Aelia. Traxano é recordado como un exitoso soldado-emperador que presidiu a maior expansión militar da historia romana ata o momento da súa morte, así como pola súa actividade filantrópica.

O 27 de xaneiro do ano 98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só o cognomen. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e a Columna Traxana. Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triunfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino de Dacia, derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara ao Leste e conquistou o reino nabateo (actual Xordania) e estableceu a provincia de Arabia Pétrea. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partia e, chegando a Susa no 116, co que o Imperio acadou a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senado post mortem e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivo Hadriano.

Traxectoria miniatura|160x160px|Busto de Traxano nun contorniato romano

Orixes familiares Aínda se discuten varios elementos sobre as súas orixes. Así, hai dúas hipóteses sobre o lugar de nacemento. A primeira, e máis admitida, fala do seu nacemento en Itálica, (que hoxe corresponde ao termo municipal de Santiponce, nos arredores de Sevilla), que fora unha colonia romana establecida no 206 a. C. por Escipión o Africano,Syme (1964), p, 144 o 18 de setembro do 53.Canto, 2003a, p. 9

Por outra banda, outros autores, seguindo a Dión Casio, atrásano até o ano 56,Bennett, 2000, p. 14Caballos, 2014, p. 18. e colocan o lugar de nacemento preto de Pedraza (Segovia), adscrita á provincia de Cartaxinense. Unha muller, Aureliana, fundaría a herdade de Orejana (á que lle daría nome)Martín Mesa (2019), p. 315​ e varios autores de diferentes épocas a identificaron como a nai do emperador.​ Porén, segundo José María Martín Mesa, “que esta fose a nai de Trajano, hoxe en día, entra no mundo da fantasía”.

Traxano, pertencía á gens Ulpia, orixinaria de Itálica, terra natal da súa familia,Syme, 1958, p. 30 adscrita á provincia romana de Bética, que estaba intensamente romanizada. Porén, no momento do nacemento de Traxano, Itálica, era un pobo pequeno, sen baños, sen teatro nin anfiteatro, e cun territorio moi escaso baixo a súa administración directa.

Igualmente, existen discrepancias entre os especialistas en canto á orixe do clan. Para algúns, seguindo unha opinión antiga e tradicional, os seus antepasados ​​teríanse asentado a finais do século III a. C. na localidade. Eran veteranos itálicos de Tuder, na rexión de Umbría (Italia), que se instalaron na provincia de Hispania Ulterior despois da Segunda Guerra Púnica.Griffin, 2000, p. 101Petit 1974, p. 165Bennett 2001, p. 1. En contraste con esta opinión, outros estudosos defenden unha orixe autóctona, sendo Traxano o Vello un hispanus, descendente dunha das familias que, en virtude da súa riqueza ou estirpe, foron romanizadas en época temperá e asentadas nas colonias e municipia romanos da Península Ibérica.Canto, 2003, pp. 51 e 61 Segundo Aurelio Víctor, antes de que o avó de Traxano fose adoptado por un Ulpio o fundador da estirpe tería sido un Trajo ou Traius, un popular cognomen hispánico, co que sinalou a posibilidade dun ibero que romanizara o seu nome.Montenegro Duque, A. (1975). "Problemas y nuevas perspectivas en el estudio de la Hispania de Vespasiano". Hispania Antiqua 5, pp. 7-88

Hipóteses O seu pai era Marco Ulpio Traxano, era un senador que apoioaba a dinastía imperial dos Flavios,PIR2 V 0864 un dos cales, Vespasiano, concedera a Hispania o seu famoso edito de latinidade.​ A súa irmá, así mesmo, era Ulpia Marciana.PIR2 V 0877​ Respecto á súa nai, aparecen diferentes opinións. Tradicionalmente foi chamada Marcia e emparentada cos Marcii Barea, citando a nomenclatura da súa filla, Marciana, e de certas figlinae en poder da familia imperial relacionadas cos Marcii.Bennett, 2000, p. 13Caballos, 2014, p. 18Champlin, 1983, p. 264 Outra proposta indica que era Ulpia e que pai do emperador entrou na gens da súa muller por adopción, quizais testamentaria. Esta proposta baséase nas propias fontes clásicas, concretamente no Epitome de Caesaribus.Canto, 2003, pp. 44-46 e 61-62 Finalmente, unha terceira proposta limítase simplemente a certificar que a nai de Traxano aínda é unha descoñecida.Chausson, 2007, pp. 127-129

Traxano estivo casado con Pompeia Plotina, que se considera de NemaususBennett, 2000, p. 25 ou da propia Itálica, e neste último caso tamén se considera que fose unha posible prima do emperador.Canto, 2003, pp. 36 e 62-63

Ascenso ao trono

O Imperio Converteuse en emperador en xaneiro do 98, sendo o primeiro emperador romano de orixe non itálica, o que denotaba unha perda de peso político desta rexión no poder romano. Porén, non foi proclamado emperador até dous anos despois de ser nomeado, pois antes de chegar a Roma asegurou a fronteira entre o Rin e o Danubio e tamén mellorou as comunicacións entre as cidades xermanas.

O Senado O novo Emperador foi acollido polo pobo de Roma con grande entusiasmo, pois o seu ascenso sen derramamento de sangue nin terror contrastaba co anterior goberno de Domiciano: liberou a moitas persoas que foran encarceradas inxustamente por Domiciano e devolveu boa parte das propiedades privadas que este confiscara. A súa popularidade foi tal que co tempo o Senado Romano conferiulle a Traxano o título honorífico de Optimus, isto é, "Óptimo". Durante a cerimonia no Senado con motivo do seu ascenso ao trono imperial, o senador Plinio dedicoulle un famoso e interminable Panexírico (Panegyricus Traiani) no que pedía que se lle concedese ao Senado unha maior implicación na condución dos asuntos da administración pública do Estado; Traxano observou aquela regra e chamou a moitos dos senadores a gobernar as provincias romanas. Conservou un control moi forte, ocupándose escrupulosamente dos asuntos das diversas provincias e reservándose, por exemplo, os permisos para a construción de edificios públicos. Isto permitiulle desenmascarar e castigar a moitos senadores acusados de malversación, que aproveitaran a política indulxente do precedente emperador, Nerva. Traxano valeuse dun órgano xudicial creado por el para investigar estes delitos, o Consilium Principis, do cal formaron parte os mellores xuristas da época. Foron numerosos os investigados por casos de mal goberno das provincias, aínda que o mesmo Senado ditou xeralmente sentenzas favorables.

Guerra contra os dacios miniatura|Dacia no Imperio Romano Para os historiadores, Traxano destaca sobre todo como comandante militar, particularmente polas súas conquistas en Oriente Próximo, pero inicialmente polas dúas guerras contra Dacia, no que hoxe é Romanía. A súa conquista (101-102), logo da súa demorada reconquista e a desfavorable (e, para algúns, vergoñosa) paz negociada polos servidores de Domiciano perturbou o pensamento romano durante anos. Así, durante o reinado de Traxano un dos máis importantes éxitos foi a vitoria sobre este pobo. A primeira confrontación importante entre os romanos e os dacios aconteceu no ano 87 e foi iniciada por Domiciano. Foi o xeneral dacio Decébalo, que logo se convertería en rei, quen ofreceu a principal resistencia á dominación. O emperador Domiciano fixera campaña contra Dacia desde 86 a 87 sen se asegurar un resultado decisivo e Decébalo desobedecera descaradamente os termos da paz (89) que pactara ao termo desta campaña.

Con esta ofensiva para ampliar territorios, Traxano acababa cunha política seguida desde os tempos de Augusto de manter o Imperio dentro de certos límites e facer simples guerras defensivas (a única excepción fora a conquista de Britania en tempos de Claudio). Cara a marzo de 101, Traxano iniciou a súa primeira guerra contra os dacios liderados por Decébalo. Para isto pasou á beira setentrional do Danubio sobre unha ponte de pedra que construíra, cruzou as Portas de Ferro e dirixiuse cara á capital, Sarmizegetusa. Atacou o reino con catro lexións e derrotou ao exército dacio preto dun porto chamado Tapae. As tropas de Traxano, con todo, quedaron danadas no encontro, e desistiu de calquera outra campaña durante o resto do ano, para sandar ás tropas, reforzarse e reagruparse. Durante o inverno posterior, o rei Decébalo lanzou un contraataque cruzando o Danubio máis lonxe corrente abaixo, pero foi rexeitado. O exército de Traxano penetrou máis en territorio dacio e forzou ao rei Decébalo a someterse o ano seguinte, despois de que o emperador acampase a poucos quilómetros da capital, en Sarmizegetusa Rexia. Conquistou Dacia completamente en 106, a pesar da forza e a resistencia dos nativos. O avance do exército de Roma até a capital non padeceu obstáculos grazas á súa superioridade numérica, á loxística e ás tácticas xa consolidadas por séculos de guerras e asedios, por exemplo, a formación en tartaruga e o "carrobalista", antepasado dos canóns. Tras destruír a capital dacia, fundou a Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa, noutro lugar distinto á da previa capital, aínda que levou o mesmo nome. Colonizou Dacia con romanos e anexionouna ao imperio como unha nova provincia. As campañas dacias de Traxano beneficiaron as finanzas do Imperio a través da adquisición de minas de ouro. Ademais, descubriu o tesouro escondido de Decébalo, que ascendía a 165 toneladas de ouro e o dobre de prata.

Expansión cara a Oriente miniatura|As provincias de Siria (vermello escuro) e Arabia Pétrea (vermello claro) As razóns formais da anexión do reino nabateo son inseguras, mais certas evidencias epigráficas suxiren unha operación militar, con forzas de Siria e Exipto. O que resulta claro, con todo, é que para o ano 107, establecéronse lexións romanas na rexión que rodea Petra e Bostra. Este reino dos nabateos converteuse en provincia romana co nome de Arabia Petraea, e abarcaba o sur da actual Xordania e o noroeste de Arabia Saudita. Coa anexión deste territorio asegurouse a continuidade territorial entre Exipto e as provincias asiáticas. Todo o Mediterráneo quedaba desde entón en mans dos romanos, os cales o consideraron «un lago privado», e déronlle o título de Mare Nostrum.

Período de paz: as reformas Os sete anos seguintes, Traxano gobernou como un emperador civil, pero co mesmo éxito que antes. Tolerou a incipiente relixión cristiá sempre que non se promovese en público; construíu varios edificios novos, monumentos e estradas en Italia e a súa Hispania natal (como a Vía Traxana e a Vía Traxana Nova). Un acto destacado de Traxano foi celebrar uns xogos de gladiadores de tres meses no gran Coliseo de Roma, aínda que a data exacta descoñécese. Combinando carreiras de carros, loita con animais e loitas de gladiadores, díxose que este espectáculo sanguento deixara 11.000 mortos, na súa maioría escravos e criminais, amais dos miles de bestas feroces mortas canda eles. Atraeu a un total de cinco millóns de espectadores ao longo dos xogos.