La casa de papel é unha serie española creada por Álex Pina e producida por Atresmedia en colaboración con Vancouver Media para a súa emisión en Antena 3. Protagonizada por Úrsula Corberó, Itziar Ituño e Álvaro Morte, entre outros, presentouse no III FesTVal de televisión de primavera en Burgos en marzo de 2017. Estreouse o 2 de maio de 2017 e acabou o 23 de novembro do mesmo ano, cun total de 15 capítulos. Netflix adquiriu os dereitos de distribución da serie posteriormente, motivo polo cal a súa audiencia se estendeu cara a outros países, xeralmente baixo o nome de Money Heist.Antena3: «"Se está haciendo historia con La casa de papel, es brutal"», artigo publicado o 31 de marzo de 2017 na páxina web Antena 3 (Madrid).
É a serie de fala non inglesa máis vista na historia de Netflix.«El éxito sin límites de "La casa de papel", la mejor serie española de la Historia», artigo publicado o 18 de febreiro de 2018 na páxina web do xonal ABC (Madrid). Consultado o 25 de febreiro de 2018. A plataforma confirmou a produción de novos episodios para o ano 2019, nos que o creador e produtor executivo Álex Pina contará coa maior parte da repartición.«"La casa de papel" tendrá temporada 3: Netflix confirma nuevos episodios para el 2019» , artigo publicado o 26 de abril de 2018 na páxina web do xornal La Prensa (Lima). Consultado o 3 de maio de 2018.
Sinopse A serie empeza co atraco á Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Todo o atraco está planeado polo Profesor (Álvaro Morte), cunha execución perfecta dos atracadores Tokio (Úrsula Corberó), Nairobi (Alba Flores), Río (Miguel Herrán), Moscú (Paco Tous), Berlín (Pedro Alonso), Denver (Jaime Lorente), Helsinki (Darko Peric) e Oslo (Roberto García).Cáceres Osmar Guri (2018): «Netflix: crítica a "La casa de papel", primera temporada» , artigo publicado o 7 de marzo de 2018 na páxina web DX (Asunción). O atraco sucederá na fábrica pero non estarán sós nela, haberá reféns, os propios traballadores da fábrica xunto ós estudantes do Colexio Británico que estaban de excursión. Os asaltantes pretenden gañarse o favor da opinión pública para poder escapar.
Adaptacións Adaptación surcoreana En novembro de 2020, Netflix anunciou que creará unha adaptación surcoreana do programa. A produción de 12 partes, titulada Money Heist: Korea - Joint Economic Area, será unha colaboración entre BH Entertainment e Contents Zium, coa dirección de Kim Hong-sun. A produción da adaptación atrasouse pola pandemia de COVID-19 en Corea do Sur.
Serie spin-off En novembro de 2021, Netflix anunciou que creará unha serie derivada titulada Berlín, que se estreará en 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017