260px|miniatura|Perfil altimétrico do río Grande O río Grande é un río da provincia de Lugo.

Curso Nace como rego de Lexoso nos montes de Trabada, preto da aldea de Fórnea (). Fai unha pequena incursión no concello de Barreiros (atravesando a parroquia de Vilamartín Pequeno e pasando pola de Cabarcos) e atravesa o de Ribadeo, regando as parroquias de Arante e A Devesa (onde se atopa o encoro de Vilamariz sobre o rego de Lexoso), Cubelas, Cedofeita, Vilausende e Ove. No barrio da Ponte, entre as parroquias de Arante e Cubelas, únense o rego de Lexoso e o rego de Arante, chamándose a partir de aí río Grande. Finalmente desemboca na marxe esquerda da ría de Ribadeo. Ten unha achega anual media de 43 Hm3/ano.

Afluentes Os seus principais afluentes son o río Noceda e o río Pequeno pola esquerda (este último acólleo na súa desembocadura) e o rego de Arante pola dereita (), lugar onde colle o nome de río Grande, despois de denominarse río (ou rego de) Lexoso, constituído a partir do rego de Porto Bragán (ó xuntarse co rego das Teixeiras) e este, a partir do rego de Fórnea (ó xuntarse co rego de Cambite).

Servizos Mediante o encoro de Lexoso contribúe á subministración de auga potable a Ribadeo.

Hidronimia Algunhas fontes cartográficas intercámbianlle os nomes aos ríos Grande e Lexoso ou Grande e Arante dende os seus nacementos até o lugar da súa confluencia na Ponte na parroquia de Cubelas.

Galería de imaxes Ordenadas de nacemento a desembocadura:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galicia

Grande, Río Categoría:Ríos da provincia de Lugo