miniatura|Haas-Haus en Viena, 1985-1990. miniatura|Museum für Moderne Kunst, Frankfurt, 1983-1991. miniatura|Car Building, Center for Art and Media Karlsruhe, Alemaña, 2011.

Hans Hollein, nado en Viena o 30 de marzo de 1934 e finado o 24 de abril de 2014, foi un arquitecto e deseñador austríaco.

Traxectoria Hollein foi alumno de Clemens Holzmeister na Academia de Belas Artes de Viena. Máis tarde ampliou os seus estudos no IIT de Chicago e na Universidade de California, Berkeley. Entre os anos 1963 e 1966 foi mestre nos Estados Unidos. Logo, entre 1967 e 1976, ensinou na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. Dende 1976 foi mestre na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, ocupando o cargo de mestre emérito dende o ano 2002.

O seu proxecto para o Museo Abteiberg en Mönchengladbach consagrouno coma unha das figuras da Arquitectura posmoderna. No ano 1985 recibiu o máximo galardón no eido da arquitectura, o Premio Pritzker.

Principais proxectos Remodelación do Museo Albertina - Viena Hotel Hilton- Viena Niederösterreichisches Landesmuseum, Sankt Pölten Centro Europeo de vulcanoloxía, Auvernia Sede central do Interbank, Lima. Oficinas no Donaukanal, Viena. Embaixada austríaca, Berlín. Proxecto para un Museo Guggenheim, Salzburgo. Shedhalle, Sankt Pölten. Ganztagsschule Köhlergasse, Viena Edificio Haas, Viena Museo do cristal e a cerámica, Teherán. Museo de Arte Moderna de Frankfurt, Frankfurt Museo Abteiberg, Mönchengladbach Galería Feigen en Nova York Comercio Retti, Viena Escola Donaucity, Viena.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Páxina do Premio Pritzker Haas Haus en Viena ARCHIGUIDE (en inglés)

Categoría:Arquitectos de Austria Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 2014 Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley