Belén Martínez Constenla, nada en Madrid o 6 de xaneiro de 1961, é unha actriz galega.

Traxectoria Actriz de teatro, desde o ano 1986 actuou coas compañías Teatro Caritel, Centro Dramático Galego (1989-2001), Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo, Ur Teatro, Ollomoltranvía, Teatro do Aquí, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Lagarta, Lagarta.

Na TVG colaborou en programas como Magazine Crocante (1991), Luar (1996), Supermartes (1997-1998), Telequexou (2001-2002) e como actriz secundaria en Pratos combinados (1998-1999) e protagonista en Rías Baixas (2000-2003) e A vida por diante (2006-2007), o seu último proxecto televisivo en Galicia ata o momento. Posteriormente, en 2008, colabora nas series de TVE El caso Waninkhof e Guante blanco, dirixida polo responsable d' A vida por diante, o galego Carlos Sedes.

Tamén participou en varias películas e colaborou con papeis episódicos nas series El Comisario e Hospital Central, ambas as dúas de Telecinco.

Filmes Sei quen es (Patricia Ferreira Mañá, 1999; como enfermeira). Días de voda (Juan Pinzás, 2001 A Atlántida (Belén Macías, 2005). Calles de fuego (Ismael Morillo, 2006). Pradolongo (Ignacio Vilar, 2007) El Caso Wanninkhof (Pedro Costa e Fernando Cámara, 2008). Os mortos van á présa (Ángel de la Cruz, 2009). Vilamor (Ignacio Vilar, 2012). La bella Otero (Jordi Frades, 2007). Fútbol de alterne (Alber Ponte, 2010). Tres días de abril) (David Alonso, 2010). Vacas, porcos e zapatos de tacón (Manu Espinheira, 2010). A pesar de todo, quérote) (Jorge Algora, 2011). Salazón (Jesús Font, 2012).

Teatro Terceiro Acto dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, 2021. Voaxa e Carmín de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira, 2016. Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Antonio Tabarés, dirixida por Rosa Álvarez, 2011. Cásting (a comedia), de Roger Justafré. Lagarta, Lagarta, 2010 (como Madga). O segredo dos Hoffman de Alejandro Palomas, dirixida por Rosa Álvarez, 2009. Unha primavera para Aldara de Teresa Moure ,dirixida por Xulio Lago para Teatro do Atlántico, 2008. Carambola de José Prieto, dirixida por Lino Braxe, 2006. Fobias de José Prieto, dirixida por Lino Braxe, 2004. Os vellos non deben de namorarse de Castelao, dirixida por Celso Parada para Teatro do Morcego 2002. O país acuático, de Eduardo Alonso, para Teatro do Noroeste, 2002. A cacatúa verde de Schnitzler. Dirixida por Eduardo Alonso, para o Centro Dramático Galego, 2001. A Celestina de Fernando de Rojas; Teatro do Noroeste, 2000. Criaturas de Roberto Vidal Bolaño para Teatro do Aquí, 2000. Trabajos de amor perdidos de William Shakespeare. Dirixida por Helena Pimenta para UR Teatro, 1999. Las galas del difunto" e El embrujado para o CDG, 1998. Bailando en verano de Brian Friel, dirixida por Arturo López para Espello Cóncavo, 1997. Un soño de verán de Shakespeare, para o CDG. As vodas de Fígaro de Pierre-Augustin de Beaumarchais, dirixida por Eduardo Alonso para Teatro do Noroeste, 1994. O incerto señor Don Hamlet de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Ricard Salvat para o CDG, 1991. O rei Lear de Shakespeare para Teatro do Noroeste, 1990.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2002Mellor actrizRías BaixasNomeada2006Mellor actrizA vida por dianteNomeada2007Mellor actrizA vida por dianteNomeada2008Mellor actriz secundariaOs mortos van á présaGañadora

2008: Mellor actriz Festival de Curtas de Sada por "Rosa dos Ventos"

Premios María Casares de Teatro 1997: Nomeada á Mellor actriz secundaria por Bailando en verán. 1998: Mellor actriz por Unha rosa é unha rosa. 1999: Nomeada á Mellor actriz secundaria por El embrujado. 2000: Mellor actriz secundaria por Criaturas. 2005: Nomeada á Mellor actriz por Fobias. 2010: Mellor actriz por O Segredo dos Hoffman. 2017: Nomeada á Mellor actriz por Voaxa e Carmín''.

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega Currículo Asociación de Actores, Directores e Técnicos da Escena de Galicia

Categoría:Actores de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1961 Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria