Alondra de la Parra Borja, nada na Cidade de Nova York o 31 de outubro de 1980, é unha directora de orquestra mexicana. Dende 2017 é Directora Musical da Queensland Symphony Orchestra, sendo a primeira muller en converterse en directora principal dunha orquestra australiana. Alondra de la Parra é Embaixadora de UNICEF e Embaixadora Cultural de México.
Traxectoria Alondra de la Parra naceu en Nova York (Estados Unidos) o 31 de outubro de 1980, filla de Manelick de la Parra, un escritor e editor, e Graciela Borja, unha socióloga e educadora, ambos mexicanos. Aos dous anos trasladouse coa súa familia á Cidade de México.
Aos sete anos comezou a tocar o piano e posteriormente, aos trece comezou a estudar violonchelo. Aos 15 anos marchou estudar un ano ao St. Leonard's-Mayfield School en Inglaterra. Estudou piano e dirección orquestral pola Manhattan School of Music de Nova York, recibido a Bolsa Presser e lincenciouse en ambas disciplinas con Jeffrey Cohen e Kenneth Kiesler respectivamente.
Co obxectivo de promover e difundir a obra de novas personalidades da composición en América, en 2004 fundou a Orquesta Filarmónica de las Américas, con sede en Nova York.
En Galicia O 30 de setembro de 2022 dirixiu por primieira vez, cumprindo así un dos seus desexos, a Orquestra Sinfónica de Galicia.
Familia e vida persoal Alondra de la Parra é filla de Graciela Borja e Manelick de la Parra, este último escritor e fillo da escritora mexicana Yolanda Vargas Dulché. Ten un irmán, Mane de la Parra, que é cantante e actor. En 2004 casou con Carlos Zedillo Velasco, o terceiro fillo do expresidente mexicano Ernesto Zedillo, divorciándose dous anos despois. Ten dous fillos, Luciano e Julián, froito da súa relación con Teo de María, batería da banda de rock mexicana Liquits.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Directores de orquestra de México Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Nova York