Lichfield é unha cidade do centro de Inglaterra. Atópase no condado de Staffordshire, a uns 25 km ó norte de Birmingham e a uns 200 ó noroeste de Londres. O seu nome en latín é Letocetum e en galés é Caerlwytgoed.
Demografía Lichfield ten unha poboación estimada duns 30.000 habitantes (2007), pero o distrito de Lichfield chega ós 93.232 segundo o censo de 2001, ano en que Lichfield tiña 27.900 habitantes.Mid-2007 Quinary Estimates for 2009 wards (experimental) at O 98,1% da poboación é branca, e o 79% son cristiáns.
Crecemento demográfico de Lichfield dende 1685 Ano 1685 1781 1801 1831 1901 1911 1951 1961 1971 1981 1991 2001 Poboación 3.040 3.555 4.840 6.252 7.900 8.616 10.260 14.090 22.660 25.400 28.666 27.900
Catedral dereita|miniatura|Catedral de Lichfield. De entre os edificios da cidade salienta a catedral de Lichfield, unha igrexa gótica con tres torres rematadas en agulla e que é sede da diocese de Lichfield. A súa construción comezou en 1195, pero non foi rematada até a década de 1330, coa construción da "Lady Chapel". Un dos seus materiais principais é a arenito vermello.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Inglaterra