Ifor ap Glyn, nado en Londres en 1961, é un presentador de televisión e poeta en lingua galesa."Interview: Poet and presenter Ifor ap Glyn on his new TV series", Wales Online, 4 de xuño de 2011 (acceso o 25 de agosto de 2013).
Traxectoria
Naceu nunha familia de fala galesa. Graduouse na Universidade de Cardiff, e despois viviu en Denbighshire e Caernarfon. Presentou os programas Ar Lafar (2011), The Toilet: An Unspoken History (2012) e Pagans and Pilgrims: Britain's Holiest Places (2013)The Telegraph: Review by Ben Lawrence, 11 de abril de 2013. Traballou como produtor e guionista de televisión antes de converterse en poeta e autor teatralLiterature Wales: Writers of Wales - Ifor ap Glyn ., e traballou coa compañía teatral Cwmni Dda."Poet Laureate", Northwales.co.uk . Actuou no concerto inaugural da Asemblea Nacional de Gales en 1999, e representou o seu país dúas veces no Smithsonian Folklife Festival nos Estados Unidos de América.
Foi o produtor executivo do documental Cysgod Rhyfel ("A sombra da guerra")."Ifor ap Glyn". IMDb
Recoñecementos Foi laureado como o Poeta Infantil de Gales (Bardd Plant Cymru) en 2008-2009 e gañou a Coroa do Bardo no Eisteddfod Nacional de Gales en 1999 e 2013.Wales Online, "Poet Ifor ap Glyn awarded crown at National Eisteddfod", 5 August 2013. Consultado o 25 de agosto de 2013
O 1 de marzo de 2016 Ifor ap Glyn foi nomeado Poeta Nacional de Gales. Obra
Poesía Holl Garthion Pen Cymro Ynghyd. Y Lolfa, 1991 Golchi Llestri Mewn Bar Mitzvah. (with Dewi Glyn Jones), 1998 Cerddi Map yr Underground. Gwasg Carreg Gwalch, 2001 Lleisiau'r Rhyfel Mawr. 2008 Waliau'n Canu. Gwasg Carreg Gwalch, 2011 Terfysg. Traducido ao galego por David Miranda-Barreiro e Phil Davies, Dorna: expresión poética galega, 37 (2014).
Teatro Branwen Frongoch
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1967 Categoría:Poetas do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua galesa Categoría:Presentadores de televisión do Reino Unido Categoría:Dramaturgos do Reino Unido