María Jesús Montero Cuadrado, nada o 4 de febreiro de 1966 en Sevilla, é unha política española, membro do PSOE. Foi nomeada ministra de Facenda do Goberno de España en xuño de 2018.
Traxectoria Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Sevilla, e técnico de Función Administrativa de hospitais. Ocupou varios postos de responsabilidade ao longo da súa traxectoria profesional, fundamentalmente ligados á especialización da xestión sanitaria.
Entre setembro de 2002 e abril de 2004 ostentou o cargo de viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía, tras o que foi nomeada titular da Consellería de Saúde, responsabilidade que desempeñou ata maio de 2012, data desde a que asume a carteira de Saúde e Benestar Social. Desde o 9 de setembro de 2013 ata o 6 de xuño de 2018 foi conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía. Entre 2008 e 2018 foi tamén deputada no Parlamento de Andalucía.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Facenda do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Cargos exercidos
Viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía (2002-2004). Conselleira de Saúde e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012). Deputada por Sevilla no Parlamento de Andalucía (2008-2018). Conselleira de Saúde da Xunta de Andalucía (2012-2013). Conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía (2013-2018). Ministra de Facenda do Goberno de España (2018)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha na páxina web do Parlamento de Andalucía
Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1966 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados do Parlamento de Andalucía Categoría:Ministros do Goberno de España da XIV Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XIII Lexislatura Categoría:Ministros do Goberno de España da XV Lexislatura