O Saab JAS 39 Gripen ("grifón") é un caza lixeiro multipropósito monomotor fabricado pola compañía sueca Saab. Foi deseñado para substituír os Saab 35 Draken e 37 Viggen na Forza Aérea de Suecia (Flygvapnet). O Gripen ten unha á delta e configuración canard cun deseño de estabilidade relaxada e controis de voo fly-by-wire. Está impulsado por un motor Volvo RM12 e ten unha velocidade máxima de Mach 2. Os avións posteriores modificáronse para os estándares de interoperabilidade da OTAN e para poder ser reabastecidos no aire.
En 1979 o goberno sueco comezou a desenvolver estudos para un avión capaz de realizar misións de caza, ataque e recoñecemento para substituír os Saab 35 Draken e 37 Viggen. Un novo deseño de Saab foi seleccionado e desenvolvido como o JAS 39, voando por vez primeira en 1988. Tras dous accidentes durante as probas e despois de modificar o software de control de voo, o Gripen entrou en servizo coa Forza Aérea de Suecia no ano 1997. Variantes melloradas con aviónica máis avanzada e adaptacións para tempos máis longos de misión comezaron a entrar en servizo en 2003.
Para comercializar o avión internacionalmente, Saab asociouse e colaborou con compañías aeroespaciais do estranxeiro. Un exemplo destes esforzos foi Gripen International, unha empresa conxunta entre Saab e BAE Systems formada en 2001. Gripen International foi a responsable de comercializar o avión, e estivo fortemente involucrada na exitosa exportación d modelo a Suráfrica; a organización disolveuse posteriormente entre acusacións de uso de subornos para asegurar vendas. No mercado internacional o Gripen tivo un éxito moderado, conseguindo venderse a Hungría, República Checa, Tailandia, Suráfrica e o Brasil.
Unha nova versión, designada Gripen JAS 39E/F, está sendo desenvolvida en 2018; esta versión ten sido referida como Gripen NG ou Super-JAS. Entre os cambios incorporados están a adopción dun novo motor, o General Electric F414G, un radar de escaneo electrónico activo e maior capacidade interna de combustible. Saab propuxo outros derivados, como o Gripen Maritime para operacións en portaavións ou un aparello para operacións non tripuladas.
Desenvolvemento
Orixes A finais dos anos 70 Suecia buscaba substituír os seus envellecidos Saab 35 Draken e Saab 37 Viggen.Frawley 2002, p. 147 A Forza Aérea de Suecia quería un avión accesible que voase a Mach 2 con bo rendemento a curta distancia para un plan defensivo de bases dispersas no caso dunha invasión; o plan incluía pistas rudimentarias de 800 metros de longo e 17 de ancho que eran parte do sistema Bas 90. Un dos obxectivos é que o avión fose máis pequeno que o Viggen e que á súa vez igualase ou mellorase a súa carga útil e alcance.Spick 2000, pp. 426-427 Entre as primeiras propostas estaba o Saab 38, tamén chamado B3LA, destinado a ser un avión de ataque e adestramento,Björeman 2009, pp. 139-149 e o A 20, un desenvolvemento do Viggenque tería capacidades de caza, ataque e recoñecemento marítimo. Tamén estudaron varios deseños estranxeiros, como o General Dynamics F-16 Fighting Falcon, o McDonnell Douglas F/A-18 Hornet,Williams 2003, p. 72 o Northrop F-20 Tigershark e o Dassault Mirage 2000.Green & Swanborough 1987, p. 225 Finalmente, o goberno sueco optou por un novo caza que sería desenvolvido por Saab.
En 1979 o goberno comezou un estudo que buscaba unha plataforma versátil con capacidade "JAS",de Jakt (caza), Attack (ataque), e Spaning (recoñecemento), indicando un caza que puidese desempeñar múltiples roles na mesma misión. Revisáronse varios deseños de Saab, sendo o máis prometedor o "Project 2105" (redesignado "Project 2108" e posteriormente "Project 2110"), recomendado ao goberno pola Administración de Material da Defensa (Försvarets Materielverk, ou FMV). En 1980 creouse o grupo industrial Industrigruppen JAS como unha empresa conxunta formada por Saab-Scania, LM Ericsson, Svenska Radioaktiebolaget, Volvo Flygmotor e Försvarets Fabriksverk, o brazo industrial das forzas armadas suecas.
O avión preferido era un aparello monomotor, lixeiro e monopraza que usase tecnoloxía fly-by-wire, canards, e que fose aerodinamicamente estable.Williams 2003, p. 73 A planta motriz escollida foi o Volvo-Flygmotor RM12, un derivado fabricado baixo licenza do General Electric F404-400; as prioridades no deseño do motor eran a redución de peso e de número de compoñentes.Cross 1986, p. 27 O 30 de xuño de 1982, coa aprobación do Riksdag, a FMV emitiu contratos por valor de 25 700 millóns de coroas suecas a Saab, cubrindo cinco prototipos e un grupo inicial de 30 avións de produción.Williams 2003, pp. 73, 88Keijsper 2003, p. 12 En xaneiro de 1983 un Viggen foi convertido para probar a aviónica prevista para o JAS 39, como os controis fly-by-wire. O JAS 39 recibiu o nome Gripen (grifón) a través dunha competición pública, que é a heráldica do logotipo de Saab.
Probas, produción e melloras Saab presentou o primeiro Gripen o 26 de abril de 1987, coincidindo co 50 aniversario da compañía.Winchester 2004, p. 216 O primeiro voo tería que ser ese mesmo ano, pero foi adiado 18 meses debido a problemas co sistema de control de voo. O 9 de decembro de 1988 o primeiro prototipo (número de serie 39-1) realizou o seu voo de estrea de 51 minutos co piloto Stig Holmström aos controis. Durante o programa de probas xurdiron preocupacións sobre a aviónica do avión, especificamente sobre o sistema de control de voo fly-by-wire, e o deseño de estabilidade relaxada. O 2 de febreiro de 1989 este problema fixo que o prototipo se accidentase intentando aterrar en Linköping; o piloto de probas Lars Rådeström escapou cun cóbado roto. A causa do accidente identificouse como oscilación inducida polo piloto, causada por problemas coa rutina de control de inclinación do sistema de control de voo.
En resposta ao accidente Saab e a firma estadounidense Calspan introduciron modificacións de software no avión. Un Lockheed NT-33A modificado usouse para probar esas melloras, que permitiron a reanudación das probas de voo 15 meses despois do accidente. O 8 de agosto de 1993 o avión de produción 39102 quedou esnaquizado nun accidente durante unha exhibición aérea en Estocolmo. O piloto de probas Rådeström perdeu o control do avión durante un xiro a baixa altitude cando o avión entrou en perda, tendo que exectarse. A posterior investigación e a corrección de erros atrasaron as probas de voo varios meses, reanudándose en decembro de 1993.
O primeiro pedido incluía unha opción por outros 110 avións exercida en xuño de 1992. O segundo grupo consistía en 96 JAS 39A monopraza e 14 JAS 39B bipraza.Keijsper 2003, pp. 12, 21Matláry & Ø̈sterud 2007, p. 150 A variante JAS 39B é 66 cm máis larga que a JAS 39A para acomodar un segundo asento, que tamén necesitaba a eliminación do canón e a diminución da cantidade de combustible interna.Williams 2003, p. 88 En abril de 1994 completáranse xa cinco prototipos e dous Gripen de produción; aínda que non se seleccionara un mísil BVR (máis aló do alcance visual).Forsberg 1994, p. 223 En xuño de 1997 pediuse un terceiro grupo composto por 50 monoprazas mellorados JAS 39C e 14 biprazas JAS 39D, coñecidos como 'Turbo Gripen', con compatibilidade OTAN para exportación. Os avións do grupo 3, entregados entre 2002 e 2008, teñen unha aviónica máis potente e actualizada, capacidade de abastecemento en voo, e un sistema de xeración de osíxeno a bordo para misións de longa duración. O abastecemento en voo foi probado cun prototipo especialmente equipado usando un VC10 da Royal Air Force en 1998.
Acordos de traballo miniatura|249x249px|Gripen C en Gotland Durante o Paris Air Show de 1995, Saab Military Aircraft e British Aerospace (BAe, agora BAE Systems) anunciaron a formación da compañía conxunta Saab-BAe Gripen AB co obxectivo de adaptar, fabricar, comercializar e apoiar o Gripen en todo o mundo.Lorell 2002, p. 147 O acordo implicaba tamén a conversión das series A e B do Gripen ás "versións de exportación" C e D, desenvolvidas para ser compatibles cos estándares OTAN.Eliasson 2010, p. 256 Esta cooperación ampliouse en 2001 coa formación de Gripen International para promover a exportación.Lorell 2002, pp. 147-148 En decembro de 2004 Saab e BAE Systems anunciaron que BAE vendería unha gran parte da súa participación en Saab, e que Saab sería o único responsable para comercializar e exportar o Gripen. En xuño de 2011 Saab anunciou que unha investigación interna revelou evidencias de actos de corrupción por parte de BAE Systems, incluído branqueo de capital en Suráfrica, un dos clientes do Gripen.
O 26 de abril de 2007 Noruega asinou un acordo de desenvolvemento conxunto de 150 millóns de coroas norueguesas con Saab para cooperar no programa de desenvolvemento do Gripen, incluída a integración de industrias norueguesas no desenvolvemento de versións futuras do avión. En xuño dese mesmo ano Saab tamén asinou un acordo con Thales Norway A/S relacionado co desenvolvemento do sistema de comunicacións para o Gripen. Este pedido foi o primeiro outorgado baixo as disposicións da Carta de Acordo asinada polo Ministerio de Defensa de Noruega e Gripen International en abril de 2007. Como resultado da filtración de documentos diplomáticos dos Estados Unidos en 2010, revelouse que diplomáticos estadounidenses viron con preocupación a cooperación entre Noruega e Suecia no tema Gripen, e trataron de facer presión para evitar que Noruega mercase o avión.
En decembro de 2007, como parte dos esforzos de comercialización de Gripen International en Dinamarca, asinouse un contrato co subministrador tecnolóxico dinamarqués Terma A/S que lle permitía participar nun programa de cooperación industrial durante os seguintes 10-15 anos. O valor total do programa estimouse en 10 000 millóns de coroas dinamarquesas, e dependía parcialmente na compra do Gripen por parte de Dinamarca. Finalmente Dinamarca elixiu mercar o F-35 Joint Strike Fighter.
Controversias, escándalos e custos miniatura|250x250px|Gripen na fábrica de Saab en Linköping Desenvolver un caza multirrol avanzado era unha grande empresa para Suecia. O seu predecesor, o Viggen, a pesar de que fora menos avanzado e máis barato, fora criticado por gastar moito do presuposto sueco en defensa e foi etiquetado como "un cuco no niño militar" polos críticos xa en 1971. No congreso de 1972 dos socialdemócratas, o partido dominante en Suecia dende os anos 50, aprobouse unha moción para deter no futuro calquera proxecto para desenvolver un avión militar avanzado. En 1982 o proxecto do Gripen foi aprobado no Riksdag por unha marxe de 176 votos a favor e 167 en contra, con todo o partido socialdemócrata votando en contra da proposta demandando máis estudos. En 1983 presentouse unha nova proposición e o proxecto aprobouse finalmente en abril dese ano coa condición de que o proxecto tivese un contrato cun prezo fixo determinado,Björeman 2009, pp. 137-149 unha decisión que posteriormente sería criticada por pouco realista debido aos sobrecustos.