O acoso na rúa é unha práctica que inclúe episodios de microviolencia como miradas intimidatorias ou piropos e pode desembocar en fotografías non consentidas, persecucións ou agresións sexuais.

Definición A organización Stop Street Harassment defíneo como a violencia na rúa baseada no xénero que consiste en comentarios non desexados, acenos e accións impostas por un estraño nun lugar público sen consentimento e dirixidas cara a vítima debido ao seu sexo real ou percibido, xénero, expresión de xénero ou orientación sexual.

En Galicia En 2018 nos concellos de Vigo e da Coruña os autobuses urbanos nocturnos estabeleceron unha parada antiacoso.

Tamén en 2018 Jessyca Ocampo elaborou o Mapa do Medo para visibilizar o acoso na rúa, tomando como referencia unha campaña brasileira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Reportaxe en Sermos Galiza Artigo de Ana Requena Aguilar en El Diario.

Categoría:Violencia Categoría:Acoso