Longo ou Longus (gr. Λόγγος, lat. Longus) foi un novelista grego nado en Lesbos no século II, autor da novela bucólica Dafnis e Cloe. Non se sabe practicamente nada da súa vida, á parte da autoría das súas obras e que viviu na época de Adriano (antes achábase erroneamente que era do século IV).

Suxeriuse que o nome Longo é só un erro ao traducir a última palabra do título ΛΟΓΓΟΥ ΠΟΙΜΕΝΙΚΩΝ ΤΩΝ ΠΕΡΙ ΔΑΦΝΙΝ ΚΑΙ ΧΛΟΗΝ ΛΕΣΒΙΑΚΩΝ ΛΟΓΟΙ Δ. Seiler sinala que o mellor manuscrito comeza e remata con "λόγου (non λόγγου) ποιμενικῶν". miniatura|esquerda|Clásicos en Galego 11:Dafnis e Cloe. Legado Dafnis e Cloe foi o modelo de La Sireine de Honoré d'Urfé, a Diana namorada de Jorge de Montemor, a Aminta de Torquato Tasso, e The Gentle Shepherd de Allan Ramsay. A famosa Paulo e Virxinia de Jacques-Henri Bernardin de Saint-Pierre é un eco da mesma historia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Longus, Les amours pastorales de Daphnis et Chloé, traduction de Jacques Amyot, huit planches gravées par Jean-Baptiste Scotin, Coustelier, París, 1731. Longus, Daphnis et Chloé, traduction de Paul-Louis Courier, París, Librairie de la Bibliothèque nationale, 1879. Longus, Pastorales (Daphnis et Chloé), texte établi et traduit par J. R. Vieillefond, Collection des Universités de France, París, Belles Lettres, 1987. Romans grecs et latins, présentés, traduits et annotés par Pierre Grimal, Bibliothèque de la Pléiade, 1958. Maria Fernanda Ferrini, Bibliografia di Longo : Dafni e Cloe. Edizioni e traduzioni (« Pubbl. della Facoltà di Lettere e Filosofia », 57), Università di Macerata, 1991, 286 p. Outros artigos Clásicos en galego Ligazóns externas

Longus na Bibliotheca Augustana

Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Grecia antiga Categoría:Novelistas de Grecia