miniatura|400px|Mapa tectónico do sur de Europa e Oriente Próximo, mostrando as estruturas tectónicas do oeste do cinto de montañas alpídico. miniatura|O cinto alpídico en Europa e Asia. A oroxenia alpinaDicionario Digalego oroxenia BUSCAtermos oroxenia alpina ou oroxénese alpina (ás veces tamén se usa o termo oroxenia alpídica ou ciclo alpídico cun significado máis xeral e xeograficamente menos concretoFrancisco Anguita Virella. Origen e historia de la Tierra. Editorial Rueda. . 1988. Páxina 452 e ss. ISBN 84-7207-052-2.) é un proceso oroxénico (de formación de montañas) que tivo lugar no Mesozoico tardío (Eoalpino) e Cenozoico, causado polo choque de continentes do sur contra o que eran a Europa e Asia orixinais.Moores, E.M., Fairbridge, R.W. (Editors), 1998: Encyclopedia of European and Asian Regional Geology. Encyclopedia of Earth Sciences Series, Londres, 825 pp. Como resultado formáronse as montañas do chamado cinto alpídico, que vai desde a Península Ibérica a Indochina. Entre as montañas formadas neste cinto están, de oeste a leste, os Atlas, o Rif, a cordilleira Penibética, a cordilleira Cantábrica, os Pireneos, os Alpes (que lle dan o nome á oroxenia), os Apeninos, os Alpes Dináricos, as montañas Helénicas (Helénidas), os Cárpatos, as montañas dos Balcáns, os Montes Taurus, a meseta Armenia, os montes do Cáucaso, os Montes Elburz, os Montes Zagros, o Hindu Kush, os cordilleira do Pamir, o Karakorum e os Himalaias.Worldatlas What is the Alpide belt? Con frecuencia utilízanse nomes específicos para a oroxenia que afectou á formación de cadeas montañosas concretas, como, por exemplo: oroxenia Carpatiana para os Cárpatos, oroxenia helénica para os montes Helénicos ou oroxenia do Himalaia para os Himalaias.
A oroxenia alpina ademais da formación do cinto de montañas mencionado, influíu tamén en zonas relativamente afastadas, creando unha serie de características relevantes. Por exemplo as montañas galegas e outras do macizo Ibérico, que son de orixe herciniana e estaban xa moi erosionadas, foron voltas a elevar polos empurróns alpinos, que reactivaron as fallas e orixinaron macizos tectónicos. Tamén influíu en zonas de Inglaterra e Francia, por exemplo no anticlinal de Weald-Artois. As tensións creadas pola oroxenia alpina causaron unha maior elevación no Cenozoico das montañas dos Sudetes e posiblemente a existencia de rochas falladas en Öland no sur de Suecia durante o Paleoceno.
A oroxenia alpina foi causada polo choque dos continentes do sur como África e a India e a pequena placa de Cimeria e outras pequenas placas e microplacas contra Eurasia, que estaba máis ao norte. Os movementos converxentes entre estas placas empezaron xa a inicios do Cretáceo, pero as fases maiores de formación de montañas empezaron do Paleoceno ao Eoceno. O proceso non rematou, xa que continúa aínda hoxe nalgunhas cordilleiras alpídicas.
A oroxenia alpina é considerada unha das tres maiores oroxenias en Europa, que definiron a xeoloxía do continente, as outras dúas son a oroxenia caledoniana, que formou o Continente do arenito vermello antigo cando os continentes de Báltica e Laurentia chocaron no Paleozoico temperán, e a oroxenia herciniana, que deu orixe á Panxea cando Gondwana e o Continente do arenito vermello antigo chocaron no Paleozoico medio e tardío.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xeoloxía dos Alpes Xeoloxía do Himalaia Oroxenia andina Montañas de dobramento
Categoría:Oroxénese