A Universidad de Sydney é unha universidade que se atopa na cidade de Sydney, Australia. É a universidade máis antiga do estado, fundada en 1850. A partir de 2009, a institución contaba con 47 775 estudantes, e era a segunda universidade meirande de Australia. É unha das principais e máis afamadas universidades do país, e tamén de toda Oceanía.
O campus central, cuxa arquitectura se inspira na de Oxbridge, xace nos suburbios de Camperdown e Darlington, ó suroeste do distrito financeiro central de Sydney. Ademais, a universidade inclúe varios outros campus pequenos doutras organizacións nos últimos 20 anos, tales como o Conservatorio de Música de Sydney ou o Colexio das Artes de Sydney.
A Universidade de Sydney é membro do Grupo das Oito (universidades australianas), do Consorcio Académico 21, da Asociación de Universidades da Conca do Pacífico e da Worldwide Universities Network.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Universidade de Sydney