James William Middleton, nado o 15 de abril de 1987 en Reading, Inglaterra, é un empresario británico coñecido por ser o irmán de Catarina de Cambridge.
Traxectoria James é o fillo máis pequeno e o único varón de Michael Francis Middleton (nado en 1949) e Carole Goldsmith (nada en 1955). As súas irmás máis vellas son Catarina de Cambridge e Pippa Middleton.
Foi educado, como as súas irmás, no colexio St Andrew's e no Marlborough College. Iniciou a carreira de Recursos Ambientais na Universidade de Edimburgo pero abandonou e comezou o seu propio negocio. Padece de dislexia.
Dende 2018 mantén unha relación coa socialité Alizée Thevenet. Prometeuse con ela en outubro de 2019.
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Berkshire Categoría:Personalidades de Inglaterra