Zara Anne Elizabeth Phillips, nada o 15 de maio de 1981, é a segunda e única filla de Ana do Reino Unido e de Mark Anthony Phillips. É a neta máis vella de Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Ela é décimo sétima na liña de sucesión ao trono.
Traxectoria Primeiros anos Nada en 1981, Zara Phillips -igual có seu irmán, Peter, catro anos máis vello ca ela- non goza dun título real.
Seguindo os pasos da súa nai, Zara converteuse nunha amazona de elite, gañou o Eventing World Champion, o Campionato Mundial de Aquisgrán e foi votada en 2006 como Deportista do Ano na BBC.
Á parte do seu irmán Peter, Zara ten dúas irmás de pai, Felicity Tonkin e Heather Tonkin; tamén Stephanie Phillips da segunda esposa do seu pai, Sandy Pflueger.
Como neta maior da raíña Isabel II do Reino Unido, leva a cabo deberes reais. Xunto á súa nai, nomeou as embarcacións do Reino Unido. Zara frecuentemente atende eventos de caridade e apoia causas como lesións de columna vertebral, caridades ecuestres e nenos.
Matrimonio e descendencia A finais de 2010 anunciouse o compromiso de Phillips con Michael James (Mike) Tindall. A voda tivo lugar o 30 de xullo de 2011 en Canongate Kirk, Edimburgo, Escocia. O matrimonio ten dúas fillas: Mia Tindall (nada o 17 de xaneiro de 2014). Lena Tindall (nada o 18 de xuño de 2018). Lucas Tindall (nado o 21 de marzo de 2018)
Phillips sufriu un aborto involuntario a finais de 2016.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Londres Categoría:Familia real británica Categoría:Alumnos da Universidade de Exeter Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Xinetes e amazonas olímpicos do Reino Unido Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido Categoría:Medallistas olímpicos en hípica Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012