Evonne Fay Goolagong Cawley, nada en Griffith, Nova Gales do Sur o 31 de xullo de 1951, é unha xogadora de tenis profesional aborixe australiana. Goolagong liderou nos anos 1970 e comezos dos 1980 o tenis mundial a carón doutras tenistas da época. Gañou 14 títulos de Grand Slam: 7 en singles (4 Abertos de Australia, dous Campionatos de Wimbledon e un Roland Garros), seis en dobres feminino e un en dobres mixtos. Non puido obter o Grand slam de carreira xa que nunca logrou gañar o Aberto dos Estados Unidos.
Goolagong foi número 1 da clasificación da WTA por 2 semanas entre abril e maio de 1976, feito que foi oficializado 31 anos despois, en 2007, logo de atoparse erros nos cómputos daquela época.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Evonne Goolagong Cawley en Tennis Australia
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Tenistas femininas de Australia Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Campións do Campionato de Wimbledon Categoría:Australianos de ascendencia aborixe