Arthur Henry "Artie" Beetson, nado o 21 de xaneiro de 1945, e finado o 1 de decembro de 2011,Rugby league great Arthur Beetson dead after suffering heart attack while exercising article at dailytelegraph.com.au foi un xogador e adestrador de rugby league australiano. Xogou cos Australian Kangaroos e cos Queensland Maroons dende 1964 até 1981. A súa principal posición era a de prop. Beetson converteuse no primeiro aborixe australiano en capitanear ó seu país en calquera deporte e é considerado un dos mellores xogadores de rugby league na súa posición da historia. Tivo unha ampla carreira como adestrador, que abrangue dende a década de 1970 até a de 1990, adestrando a Australia, Queensland, Sydney Roosters, Redcliffe Dolphins e Cronulla-Sutherland Sharks. O 1 de decembro de 2011, Beetson morreu dun ataque ó corazón con 66 anos.
Traxectoria A nai de Beetson foi vítima das xeracións roubadas. Naceu en Roma, Queensland o 21 de xaneiro de 1945.
Notas
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Australianos de ascendencia aborixe Categoría:Finados en 2011