O inglés aborixe australiano (en , AAE) é o dialecto do inglés australiano empregado por unha gran parte da poboación aborixe australiana. Componse de diferentes variedades que se desenvolveron en diferentes partes de Australia. Estas variedades son un diverso continuum que vai dende formas lixeiras, achegadas ó inglés australiano estándar, a formas máis diferenciais, achegadas ó crioulo australiano.Butcher, Andrew. 2008. "Linguistic aspects of Australian Aboriginal English," Clinical Linguistics and Phonetics, 22(8):625–642. .Eades, Diana. "Aboriginal English", Atlas of languages of intercultural communication in the Pacific, Asia, and the Americas. Mouton de Gruyter, 1996, p. 133–141. Diferéncianse no acento, gramática, palabras e significados, así como o uso da lingua. O inglés australiano non debe ser confundido co crioulo australiano, que é unha lingua diferente do inglés falada por 30 000 persoas en Australia.Harris, John. "Linguistic responses to contact: Pidgins and creoles," The Habitat of Australia's Aboriginal Languages: Past, Present and Future. Mouton de Gruyter, 2007, p. 131–151. Os falantes tenden a cambiar o seu rexistro lingüístico entre as diferentes variedades do inglés aborixe dependendo do interlocutor, xa que é máis semellante ó inglés australiano cando se dirixen a persoas non indíxenas.

Moitos dos trazos do inglés aborixe son comúns a outras linguas crioulas de países achegados, como o tok pisin en Papúa-Nova Guinea, o pijin das Illas Salomón, e o bislama en Vanuatu.

Notas

Categoría:Lingua inglesa Categoría:Linguas de Australia Categoría:Cultura aborixe australiana