O Ministerio de Sanidade de España é o actual departamento ministerial con competencias en política sanitaria. A súa titular é Mónica García. O Ministerio ten a súa sede central no Paseo do Prado de Madrid, fronte ao Museo do Prado.
Historia A historia do ministerio de sanidade remóntase á primeira lexislatura, tendo tamén outros predecesores na etapa predemocrática española. Desde a súa aparición, centrouse na política sanitaria do goberno e, desde o traspaso da competencia en materia de sanidade ás Comunidades Autónomas, encárgase da regulación do marco xeral e as bases do a sanidade, dirixindo o Sistema Nacional de Saúde.
Tivo numerosas variantes, incluíndo dentro da súa estrutura ámbitos materiais diversos como a Igualdade ou os servizos sociais. Na súa estrutura actual, o Ministerio de Igualdade adquiriu autonomía propia, engadindo ao Ministerio de Sanidade as competencias en Consumo.
Funcións Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social:http://www.boe.es/boe/dias/2018/06/07/pdfs/BOE-A-2018-7575.pdf Real Decreto 355/2018, de 6 de junio, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales.
A proposta e execución da política do Goberno en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e de consumo O exercicio das competencias da Administración Xeral do Estado para asegurar aos cidadáns o dereito á protección da saúde. A proposta e execución da política do Goberno en materia de cohesión e inclusión social, de familia, de protección do menor e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade.
Estrutura Este Ministerio dispón, como órgano superior:
A Secretaría de Estado de Servizos Sociais
Lista de Ministros de Sanidade
Lexislatura Constituínte (1977 - 1979) (1977 - 1979): Enrique Sánchez de León Pérez, UCD I Lexislatura (1979 - 1982) (1979 - 1980): Juan Rovira Tarazona, UCD (1980 - 1981): Alberto Oliart Saussol, UCD (1981 - 1981 : Jesús Sancho Rof, UCD (Ministro de Traballo e Sanidade) (1981 - 1982): Manuel Núñez Pérez, UCD II Lexislatura (1982 - 1986) (1982 - 1986): Ernest Lluch, PSOE III Lexislatura (1986 - 1989) (1986 - 1989): Julián García Vargas, PSOE IV Lexislatura (1989 - 1993) (1989 - 1991): Julián García Vargas, PSOE (1991 - 1993): José Antonio Griñan Martínez, PSOE V Lexislatura (1993 - 1996) (1993 - 1996): Ángeles Amador Millán, PSOE VI Lexislatura (1996 - 2000) (1996 - 2000): José Manuel Romay Beccaría, PP VII Lexislatura (2000 - 2004) (2000 - 2002): Celia Villalobos, PP (2002 - 2004): Ana María Pastor Julián, PP VIII Lexislatura (2004 - 2008) (2004 - 2007): Elena Salgado, PSOE (2007 - 2008): Bernat Soria, PSOE IX Lexislatura (2008 - 2011) (2008 - 2009 ): Bernat Soria, PSOE (2009 -2010): Trinidad Jiménez, PSOE (2010 - 2011): Leire Pajín, PSOE X e XI Lexislatura (2011 - 2016) (2011 - 2014): Ana Mato, PP (2014 - 2016): Alfonso Alonso, PP XII Lexislatura (2011 - 2016) (2016 - 2018): Dolors Montserrat, PP (2018 - 2018): Carmen Montón, PSOE (2018 - 2020): María Luisa Carcedo, PSOE XIII-XIV Lexislatura (2020 - 2023) (2020 - 2021): Salvador Illa, PSC (2021 - 2023): Carolina Darias, PSOE (2023 - ): José Miñones, PSOE XV Lexislatura (2023 - ) (2023 - ): Mónica García, Más País
Referencias
Ligazóns externas
Páxina web oficial
Categoría:Ministerios de España