miniatura|230px|Localización de Kimberly. A rexión de Kimberley é unha das nove rexións de Australia Occidental (Western Australia). Abrangue o sector norte de Australia Occidental e está limitada: ó oeste, polas costas que baña o océano Índico; ó norte, polo mar de Timor; ó leste, co Territorio do Norte; e nó sur, atópanse os desertos Gran Deserto Areoso e Tanami.

A rexión foi denominada na honra de John Wodehouse, 1.er Conde de Kimberley, quen foi Secretario de Estado para as Colonias dende 1870 a 1874 e dende 1880 a 1882.

Historia Kimberley foi unha das primeiras rexións en ser colonizadas en Australia; os primeiros desembarcos remóntanse a hai 41 000 anos, probablemente dende as illas que hoxe forman parte de Indonesia.

En 1837, co apoio da Royal Geographical Society, os tenentes George Grey e Franklin Lushington, cun grupo de 12 homes navegaron no schooner Lynher dende Cidade do Cabo chegando á baía de Hanover o 2 de decembro de 1837. O grupo internouse terra dentro o 19 de xaneiro de 1838. Tanto os líderes como os homes carecían por completo de experiencia, o avance viuse demorado por inundacións na rexión, deberon abandonar numerosas provisións, e o grupo dividiuse numerosas veces a pesar da presenza de gran cantidade de aborixes que lles eran hostís. O 11 de febreiro, Grey enfermou de gravidade, pero logo de dúas semanas continuou a exploración. O grupo descubriu e nomeou o río Gairdner, o río Glenelg, as cordilleiras Stephen e Whately e o monte Lyell antes de regresar á baía Hanover en abril. Foron recollidos polo Beagle e o Lynher e levados a Mauricio para recuperarse.

Notas

Categoría:Xeografía de Australia