Robert Malcolm Ward Dixon, nado en Gloucester, Inglaterra o 25 de xaneiro de 1939, Robert Malcolm Ward Dixon - Curriculum Vitae.  é un lingüista británico, profesor de lingüística no Cairns Institute, James Cook University, Queensland, e anteriormente director do Research Centre for Linguistic Typology na Universidade da Trobe, Melbourne, Australia.Professor R. M. W. Dixon (páxina web de the James Cook University)

Áreas de investigación Dixon investigou en moitas áreas da teoría lingüística e realizou traballos de campo, tanto con falantes de linguas aborixes de Australia como na Amazonia. Publicou gramáticas do dyirbalDixon, R.M.W. 1972. The Dyirbal language of North Queensland ( Cambridge Studies in Linguistics, 9). Cambridge: Cambridge University Press. e o yidiny,Dixon, R.M.W. 1977. A grammar of Yidiny (Cambridge Studies in Linguistics, 19). Cambridge: Cambridge University Press. así como de linguas non australianas como o Boumaa FidxiDixon, R.M.W. 1988. A grammar of Boumaa Fijian. Chicago: University of Chicago Press. e o jarawara.Dixon, R.M.W. 2004. The Jarawara language of southern Amazonia. Oxford: Oxford University Press.

En lingüística histórica, Dixon caracterizouse por ter unha postura moi firme e intrasixente respecto ó rigor preciso para aceptar o parentesco entre diferentes grupos de familias, rexeitando por completo a maioría de macrofamilias propostas alegando que as probas non son concluíntes.Wurm S.A. 1972 Languages of Australia and Tamania p.36 No eido da lingüística australiana rexeita radicalmente que as linguas pama-nyunganas formen unha familia lingüística ben estabelecida, argumentando que algunhas das semellanzas son o resultado da difusión lingüística e non unha mostra de parentesco xenético xenuíno. Tamén rexeita o uso do modelo de árbore filoxenética en moitas circusntancias, argumentando que só en certas ocasións devandito modelo é unha representación aceptable. Propuxo un modelo de evolución lingüística baseado no modelo de equilibrio puntuado da bioloxía evolucionista, defendendo que ese é o modelo correcto para explicar a diversificación das linguas aborixes australianas e amazónicas. A súa obra The Rise and Fall of Languages discute polo miúdo esas propostas.Dixon, R.M.W. 1997. The rise and fall of languages, Cambridge University Press. Aínda que ese traballo foi criticado por algúns australianistas máis tradicionais.Bowern, Claire and Harold Koch (eds) 2004. Australian Languages: Classification and the Comparative Method. Amsterdam: John Benjamins

Notas

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Paleolingüistas Categoría:Lingüistas das linguas austronesias Categoría:Lingüistas das linguas aborixes de Australia Categoría:Lingüistas das linguas tasmanianas Categoría:Lingüistas das linguas pama-nyunganas Categoría:Lingüistas das linguas arauanas Categoría:Lingüistas da lingua fixiana