Jedda é un filme australiano de 1955 escrito, producido e dirixido por Charles Chauvel. É o seu derradeiro filme e salienta por ser o primeiros filme da historia protagonizado por actores aborixes australianos, Robert Tudawali, máis coñecido como Bobby Wilson e Ngarla Kunoth,máis coñecida como Rosalie Kunoth-Monks, nos papeis principais. É un dos primeiros filmes australianos en ser rodado en cor. Jedda é un influente filme no desenvolvemento do cinema australiano, estabelecendo un novo standard en filmes futuros. Conseguiu atención internacional nunha época na que os filmes de Hollywood dominaban no cinema australiano. O director, Charles Chauvel, foi nomeado á Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes de 1955, pero perdeu fronte a Delbert Mann por Marty.
Personaxes Ngarla Kunoth como Jedda Robert Tudawali como Marbuck Betty Suttor como Sarah McMann Paul Reynall como Joe George Simpson-Lyttle como Douglas McMann Tas Fitzer como Peter Wallis Hugh Wason Byers como Felix Romeo (acreditado como Wason Byers) Willie Farrar como Joe de pequeno Margaret Dingle como Jedda de pequena
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1955 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes rodados en Australia