Hana RahmaTransliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome, como Hanna Rahmé e Hanna Rahma. (en ), nado en Ainata (Líbano) o 18 de xullo de 1960, é un bispo e relixioso católico maronita, dende 2015 bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. Traxectoria Entrou na orde dos baladitas o 6 de agosto de 1979, facendo os votos solemnes o 6 de agosto de 1989. O 29 de xullo de 1990 foi ordenado sacerdote da orde.
O Sínodo da Igrexa maronita reunido do 10 ao 14 de marzo de 2015 elixiuno bispo de Balbik - Dair al-Ahmar. O papa Francisco deu a súa aprobación o 20 de xuño de 2015. Foi consagrado bispo polo patriarca Bixara Pedro al-Rai o 1 de agosto, e os seus co-consagradores principais foron os seus predecesores Saman Atala e Bulus Munxid al-Haxim.
Notas
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na gobernación de Nabatia Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Baladitas Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita