Igor Rakočević, nado o 29 de marzo de 1978 en Belgrado, é un ex xogador serbio de baloncesto profesional. Foi escollido dúas veces no mellor equipo da Euroliga, e foi tres veces o máximo anotador da competición. Con 1,94 metros de altura, xogou tanto de base coma de escolta, pero a maior parte da súa carreira xogou de escolta.
Traxectoria profesional Antes de chegar á NBA, Rakočević xogou para o Crvena zvezda serbio e o Budućnost Podgorica montenegrino. Co Crvena zvezda conseguiu na tempada 1997-98 a YUBA Liga e rematou segundo na Copa Korać.
Rakočević foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Minnesota Timberwolves.NBA Draft history: 2000 Draft Non xogou na liga ata a tempada 2002-03, xogando 244 minutos en 42 partidos, e facendo 1.9 puntos, 0.8 asistencias e 0.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi despedido polos Timberwolves e asinou cos San Antonio Spurs, pero foi cortado pouco despois sen chegar a debutar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en ACB.com Perfil en DraftExpress.com
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do Mens Sana Basket Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Iugoslavia Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia e Montenegro