miniatura|300px|Mapa litolóxico de Galicia. A xeoloxía de Galicia é o estudo das formacións rochosas de Galicia, a súa litoloxía, estruturas tectónicas, a historia da súa formación e demais características. En Galicia a maioría das rochas son ígneas e metamórficas e de idade moi antiga, xa que a maioría son paleozoicas e algunhas mesmo precámbricas, e hai menos materiais máis modernos. O territorio galego forma parte do Macizo Ibérico ou Hespérico, que é de orixe herciniana e forma o núcleo de toda a Península Ibérica. Ao longo da súa historia xeolóxica nos territorios que hoxe son Galicia producíronse choques continentais, que orixinaron supercontinentes (panxeas), roturas destes que orixinaron as costas oceánicas que existen hoxe e oroxenias, que deron lugar ás nosas montañas hercinianas, que foron erosionadas durante millóns de anos e posteriormente voltas a elevar durante a oroxénese alpina.
O Macizo Ibérico en Galicia
miniatura|300px|Zonas do Macizo Ibérico. A zona Centroibérica foi subdividida distinguíndose a Zona de Galicia-Trás-os-Montes. O Macizo Ibérico ou Hespérico constitúe a maior parte do occidente da Península Ibérica, incluíndo toda Galicia. Foi dividido por Franz Lotze en 1945 con modificacións de Julivert et al. en 1972 e 1983 en cinco grandes zonas con características diferenciadas, que son, de leste a oeste e ao sur:Julivert, M. (1983): Libro Jubilar de J.M. Ríos. Geología de España. Tomo I: 59‐71Julivert, M., Fontbote, J.M., Ribeiro, A. Y Nabais Conde, L. (1972): Mapa Tectónico de la Península Ibérica y Baleares. E. 1:1.000.000. Memoria explicativa: 1‐113 (1974). Instituto Geológico y Minero de España (IGME). Zona Cantábrica. Zona Asturoccidental-Leonesa Zona Centroibérica Zona de Ossa-Sierra Morena. Zona Sur-Portuguesa. Ademais, a zona Centroibérica en Galicia foi subdividida por Farias e Arenas en 1987 e 1988, distinguíndose a zona de Galicia-Trás-os-Montes, que se superpón por acabalgamento á zona Centroibérica, a cal con esta división queda reducida en Galicia a unha estreita banda central, onde se encontra o dominio do Ollo de Sapo.
Das zonas mencionadas no territorio galego esténdense as zonas Asturoccidental-Leonesa, Centroibérica e de Galicia-Trás-os-Montes. Estas zonas correspóndense coa parte central do dobramento herciniano do macizo, onde hai a maior deformación, metamorfismo e plutonismo, mentres que as zonas máis periféricas (zona Cantábrica e Sur-Portuguesa) representan as zonas externas do oróxeno. miniatura|center|800px|As tres zonas do Macizo Ibérico herciniano en territorio galego.
Zona Asturoccidental-Leonesa miniatura|Dobra de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na Serra do Courel. Comprende a parte máis oriental de Galicia e gran parte de Asturias e León. O seu límite occidental é a falla de Viveiro e a oriental é a antiforma do Narcea de rochas precámbricas. A zona ten unha forma curvada e é continuación do arco Ibero-Armoricano. Ten pouco plutonismo, excepto na parte máis occidental (domos de Lugo e Boal-Os Ancares), e nel predominan as rochas metamórficas, principalmente xistosas que forman a serie de Vilalba de xistos precámbricos (que van de Mondoñedo a Sarria), que están acompañados de lousas, arenitos e algúns gneises anfibólicos. Sobre eles hai sedimentos detríticos e algunhas calcarias (calcarias de Vegadeo e Cándana), con cuarcitas e lousas, que forman a serie de Cándana. O metamorfismo é baixo ou medio, maior cara ao oeste, con forte deformación e foliación tectónica visible. Presenta mantos e dobramentos desprazados cara ao leste. Estratigraficamene a zona pode dividirse en tres dominios: Dominio do manto de Mondoñedo.- É un manto situado na parte occidental desta zona, presenta de oeste a leste un sinclinorio e despois un anticlinorio. Está formado pola Serie de Vilalba, sobre a cal se encontra a Serie de Cándana. Dominio do Courel.- Inclúe o flanco do anticlinorio occidental do manto de Mondoñedo seguido de dous grandes dobramentos da Serra do Courel. A dobra de Campodola-Leixazós converteuse en atracción turística declarada Monumento Natural pola Xunta de Galicia.Gobierno de España. Inventario de lugares de interés geológico. CI015b Pliegues tumbados de la Sierra del Courel en Campodola Presenta unidades similares ás do manto de Mondoñedo, xunto con cuarcitas armoricanas, lousas e calcarias da Aquiana. Dominio do Navia-Alto Sil.- É o máis oriental, un sinclinorio que comprende a maior parte dos Ancares e constitúe o autóctono relativo do manto de Mondoñedo, con ventás tectónicas no Xistral e Monte Carballosa (provincia de Lugo), e outro afloramento entre A Fonsagrada e Navia de Suarna.
Zona Centroibérica miniatura|Gneis ollo de sapo En Galicia comprende (excluíndo a Zona de Galicia-Trás-os-Montes que acabalga sobre ela) unha banda curvada desde o límite das provincias de Lugo e A Coruña ata A Gudiña, polo leste acaba na falla de Viveiro e polo oeste nas fallas de Valdoviño, Laza e acabalgamento de Verín. Presenta máis magmatismo que na zona anterior, con granitos de anatexia e outros tardioroxénicos. En Galicia o máis carácterístico da zona é o dominio do Ollo de Sapo. Este dominio forma un arco estreito desde Viveiro ata desaparecer baixo a Meseta en Sanabria (reaparece en Guadalaxara). O Ollo de sapo é un gneis porfiroide agrisado con grandes cristais de feldespato potásico, e outros de cuarzo azulado milimétricos; estes últimos lembran ollos de sapo. O Ollo de Sapo considérano algúns autores de idade precámbrica e outros cámbrica ou posterior.
Zona de Galicia-Trás-os-Montes Comprende toda a zona centrooccidental e sur de Galicia, desde as fallas de Valdoviño e Laza e o acabalgamento de Verín ao leste. Acabalga sobre a zona Centroibérica. Os graos de metamorfismo e plutonismo son os maiores de Galicia. Interprétanse como fragmentos da codia oceánica (ofiolitas) e de arcos volcánicos, talvez orixinados como sutura do peche do océano Reico e acreción dos materiais durante o choque continental. Pode dividirse en dous grandes dominios e varios complexos:Farias, P., Gallastegui, G., González Lodeiro, E. et al. Aportaciones al conocimiento de la litoestratigrafía y estrutura de la Galicia Central. Memórias de la Facultade de Ciéncias. Universidade do Porto. I. 1987. Dominio xistoso.- O máis extenso. Formado por metasedimentos e ortogneis. É o autótctono relativo do dominio dos complexos, que acabalgan sobre el. Dominio dos complexos alóctonos.- Formados por rochas máficas e relacionadas situado como alóctono sobre o dominio xistoso. En Galicia comprende os complexos de Ordes, Cabo Ortegal e Malpica-Tui. En Portugal ten outros complexos na zona de Morais e Braganza. Complexo de Ordes.- Formado por rochas ultrabásicas e sobre elas os xistos de Ordes. Considérase un klippe ou illa tectónica dun manto de corremento situado sobre un terreo con menor metamorfismo. Complexo de Cabo Ortegal.- Tamén acabalga sobre materiais máis modernos. Nel observamos unha secuencia ofiolítica orixinada polo peche dun océano durante a colisión continental. Na unidade de Moeche observamos metavulcanitas procedentes de lavas almofadadas. As unidades de Cedeira e A Capelada están formadas por rochas ultrabásicas (peridotitas serpentinizadas, dunitas), granulitas (formadas por metamorfismo rexional) e ecloxitas (con piroxenos verdes e granates pardos ou avermellados). Banda Malpica-Tui.- Tamén chamada antes Fosa Blastomilonítica ou Complexo Antigo.Den Tex, E., Floor, P. (1967) A blastomilonitic and polymetamorphic "graben" in western Galicia (NW of Spain). Étages tectoniques. Páxinas 169-178. Neuchatel. Esta unidade é unha estreita banda desde Malpica a Tui, resto dun acabalgamento herciniano. Contén xistos, gneis, anfibolitas e ecloxitas, moi milonitizadas, que sufriron metamorfismo de alta presión. Os materiais son probablemente precámbricos.Memoria do Mapa Geológico de España. 7. Santiago de Compostela
Historia xeolóxica de Galicia Precámbrico Durante o Precámbrico orixináronse rochas ao depositárense sedimentos en cuncas mariñas que despois foron metamorfizados en oroxenias antigas, que hoxe forman o baseamento do territorio galego. Sobre este baseamento depositáronse despois no Paleozoico, en cuncas mariñas dos océanos Reico e de Tornquist, os sedimentos que serían pregados despois durante a oroxenia herciniana paleozoica, pero algúns dos materiais precámbricos afloraron tamén, distinguíndose uns materiais precámbricos antigos (na Serra da Capelada) e recentes (o Ollo de Sapo), aínda que nalgúns casos se discute a idade dos materiais, que non sempre se consideran tan antigos.
Paleozoico e oroxenia herciniana miniatura|Os macizos hercinianos ou variscos europeos. Durante o Paleozoico produciuse primeiro unha disgregación supercontinental e acabou cunha nova unión dos continentes formando a Panxea durante a cal se sucederon en Europa as oroxenias caledoniana e herciniana; esta última afectou ás cuncas que orixinarían o territorio galego. Durante a época herciniana xeralmente se considera que Galicia formaba parte dun microcontinente chamado Armórica, que estaba en medio de Gondwana (ao sur) e de Laurasia (ao norte). Armórica podía formar unha soa unidade ou estar formado por un conxunto de unidades separadas. Estes dous grandes continentes chocaron quedando Armórica no medio de ambos, os océanos que os separaban subduciron e os materiais deformáronse e eleváronse formando o Macizo Ibérico.
Na etapa oroxénica herciniana formouse, pois, o territorio galego. Nesta etapa distinguiremos tres períodos: preoroxénico, oroxénico e postoroxénico. Na etapa preoroxénica, anterior á oroxenia propiamente dita, os territorios que hoxe son Galicia estaban baixo o mar (etapa oceánica) e constituían unha ampla cunca de sedimentación, onde se depositan sedimentos que orixinarán máis tarde cuarcitas e calcarias, materiais volcánicos submarinos que orixinarán despois o ollo de sapo e outros sedimentos. Parece que na cunca correspondente ao que hoxe é a zona Centroibérica produciuse unha emersión a inicios do Paleozoico, pero despois volveu quedar mergullada.
A etapa oroxénica abrangue do Devoniano ao Carbonífero e nela prodúcese a compresión que dará comezo á oroxenia, con emersión do oróxeno, dobramento dos materiais, magmatismo e metamorfismo. A primeira fase da oroxenia orixina a formación de grandes dobras deitadas con verxencia ao leste (Mondoñedo, Courel) e o anticlinorio do Ollo de sapo; metamorfízanse os materiais orixinando lousas, xistos, gneis, cuarcitas, mármores e anfibolitas; hai tamén un intenso magmatismo, formándose as granodioritas precoces e os granitos alcalinos de dúas micas. Na segunda fase da oroxenia a deformación continúa pero é menor, formándose pregamentos e acabalgamentos nos que o desprazamento do alóctono orixinou os complexos (Ortegal, Ordes, Malpica-Tui). Orixínanse nesta segunda fase máis granitos alcalinos de dúas micas. Ao final da segunda fase fórmanse algunhas fallas distensivas, como a falla de Viveiro. Na fase oroxénica final volve a incrementarse a compresión e emítense granitos de dúas micas e as granodioritas tardías.
Na etapa postoroxénica prodúcese distensión e formación de moitas fracturas, que son as fallas tardihercinianas que serán reactivadas máis tarde na época alpina e marcarán a aliñación das rías e a formación a favor das fracturas de diques e filóns e xacementos de cuarzo e minerais metálicos. A finais do Paleozoico o macizo Hespérico está xa totalmente emerxído, constituíndo a parte occidental da Península, que forma parte da Panxea. Galicia quedara situada en fronte do que hoxe é Terra Nova (Canadá) unha vez que chocou con ela, polo que non existían as costas atlánticas e cantábricas de Galicia.
O Mesozoico miniatura|Separación de Iberia do Canadá e Francia durante o Mesozoico e creación das costas atlánticas e cantábricas galegas.