Frederic Alan Schepisi, nado en Melbourne o 26 de decembro de 1939, é un realizador, produtor e guionista australiano,"Fred Schepisi Biography (1939– )". FilmReference.com. Consultado o 16 de setembro de 2011. autor dalgúns filmes de éxito feitos en Hollywood.
Traxectoria Comezou por realizar "spots" comerciais e documentais, antes de se lanzar na ficción. Realizou a súa primeira longametraxe en 1976, The Devil's Playground. No inicio da década de 1980, partiu para os Estados Unidos, onde dirixiu algúns filmes que obtiveron éxito internacional, tales como Plenty, Roxanne, The Russia House e Mr. Baseball.
Filmografía The Devil's Playground (1976) The Chant of Jimmie Blacksmith (1978) Barbarosa (1982) Iceman (1984) Plenty (1985) Roxanne (1987) Evil Angels (1988) The Russia House (1990) Mr. Baseball (1992) Six Degrees of Separation (1993) I.Q. (1994) Fierce Creatures (1997) Last Orders (2001) It Runs in the Family (2003) Empire Falls (2005) The Eye of the Storm (2011) Words and Pictures (2013) Andorra (2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Directores de cinema de Australia Categoría:Australianos de ascendencia italiana