Arroyomolinos é un concello español da provincia de Cáceres, en Estremadura. Ten unha poboación de 770 habitantes (2017).
Historia Foi fundado en 1228 por Afonso IX de León, mais as súas terras foron habitadas dende o neolítico. En tempos do imperio romano construíronse os muíños que dan nome á localidade. Os árabes construíron tamén este tipo de muíños.
Durante a Guerra da Independencia española o 28 de outubro de 1811 produciuse unha das máis importantes derrotas do exército francés. Na batalla, coñecida como "batalla del Arroyo de los Molinos" e "sorpresa de Arroyomolinos", un exército aliado anglo-hispano-portugués, baixo as ordes do xeneral Hill, derrotou as tropas francesas do xeneral Girard.
Coa caída do Antigo Réxime, a localidade constituíuse en municipio na rexión de Estremadura, e dende 1834 quedou integrado no partido xudicial de Montánchez.Cervantes Virtual No censo de 1842 contaba con 600 fogares e 3287 veciños.Municipio Código INE - 10.023
Entre 1857 e 1981 chamábase Arroyomolinos de Montánchez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Cáceres