Yirrkala é unha comunidade aborixe na Terra de Arnhem, a 18 quilómetros ó sueste da vila mineira de Nhulunbuy. No censo de 2006, Yirrkala tiña unha poboación de 687 persoas.
Foi unha comunidade indíxena ó longo da historia, pero medrou despois da construción dunha misión cristiá en 1935. O goberno local e a xestión son responsabilidade do pobo yolngu. Yirrkala tamén é o lugar de orixe de pilotos e enxeñeiros da Mission Aviation Fellowship na Terra de Arnhem.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Peticións en cortiza de Yirrkala
Categoría:Xeografía de Australia