O Manifesto das 343, en francés Le manifeste des 343, foi unha declaración asinada por 343 mulleres que admitían que abortaran, expoñéndose deste xeito a ser procesadas criminalmente. O manifesto apareceu na revista francesa Le Nouvel Observateur o 5 de abril de 1971. Tamén sería coñecido como o "Manifesto das 343 putas" (en francés, Le manifeste des 343 salopes) ou o "Manifesto das 343 prostitutas".

O texto O texto do manifesto foi escrito por Simone de Beauvoir. Na súa tradución ao galego é:

Unha nota ao pé de páxina indicaba ademais que tamén estaban representadas os membros do "Mouvement de Libération des Femmes", que reclamaba o aborto libre e gratuíto ("parmi des signataires, des militantes du Mouvement de Libération des Femmes réclament l'avortement libre et GRATUIT").

Entre as 343 sinaturas podíanse atopar mulleres recoñecidas publicamente como Catherine Arditi, Françoise Arnoul, Florence Asie, Brigitte Auber, Stéphane Audran, Colette Audry, Tina Aumont, Hélène de Beauvoir, Simone de Beauvoir, Cathy Bernheim, Valérie Boisgel, Olga Bost, Claudine Chonez, Iris Clert, Marie Dedieu, Lise Deharme, Christine Delphy, Catherine Deneuve, Dominique Desanti, Marguerite Duras, Françoise d'Eaubonne, Françoise Fabian, Brigitte Fontaine, Antoinette Fouque, Luce Garcia-Ville, Claude Génia,Françoise de Gruson, Gisèle Halimi, Katia Kaupp, Bernadette Lafont, Danièle Lebrun, Annie Leclerc, Violette Leduc, Marceline Loridan, Judith Magre, Michèle Manceaux, Geneviève Mnich, Ariane Mnouchkine, Claudine Monteil,Simone de Beauvoir and the women's movement in France: An eye-witness account , por Claudine Monteil Jeanne Moreau, Michèle Moretti, Liane Mozère, Nicole Muchnik, Bulle Ogier, Marie Pillet (mai de Julie Delpy),Marie-France Pisier, Micheline Presle, Marthe Robert, Christiane Rochefort, Yvette Roudy, Françoise Sagan, Delphine Seyrig, Alexandra Stewart, Gaby Sylvia, Nadine Trintignant, Irène Tunc, Agnès Varda, Catherine Varlin, Ursula Vian-Kübler, Marina Vlady, Anne Wiazemsky e Monique Wittig.

O manifesto incluíu máis sinaturas que as publicadas en Le Nouvel Observateur.

Impacto Á semana seguinte da aparición do manifesto, o titular do xornal semanario satírico Charlie Hebdo mostraba unha ilustración que atacaba os políticos homes coa pregunta, "Quen empreñou as 343 putas do manifesto sobre o aborto?" Esta ilustración de Cabu deu orixe ao nome polo que é coñecido este manifesto.

O manifesto tamén tivo o seu eco en Alemaña, como amosa a publicación, o 6 de xuño de 1971 doutro manifesto titulado "Wir haben abgetrieben" (en galego "Nós abortamos") na revista Stern.

Tamén foi a inspiración para que o 3 de febreiro de 1973, 331 médicos asinasen un manifesto no que se declaraban a favor do dereito ao aborto:

Todo iso contribuíu á aprobación en decembro de 1974 e xaneiro de 1975 da chamada "lei Veil", promovida pola ministra de saúde, Simone Veil, que revogou as penas para quen finalizase voluntariamente o embarazo dentro das primeiras dez semanas. En 2001 a reforma desta lei presentada por Martine Aubry ampliou o prazo ata as doce semanas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aborto Simone Veil

Ligazóns externas Texto do manifesto e lista de sinaturas

Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Manifestos Categoría:Aborto