Gewiss é unha marca e empresa de material eléctrico italiana. Fabrica solucións tecnolóxicas e equipamento eléctrico, domótico, xestión de enerxía eléctrica e iluminación para fogares, industria e servizos.

Ten sete centros produtivos (catro en Italia, un en Alemaña, un en Portugal e un en Francia), trece sociedades comerciais e de servizos (Italia, o Reino Unido, Francia, Alemaña, España, Turquía, Rusia, Romanía, Chile, os Emiratos Árabes e a China) e un centro loxístico centralizado en Italia (Calcinate, BG).

Notas

Categoría:Empresas de Italia