Diablo é un videoxogo de rol de acción e hack and slash desenvolvido por Blizzard North e publicado por Blizzard Entertainment o 31 de decembro de 1996. Ambientado no ficticio reino de Khanduras, o xogador controla un heroe solitario que loita para liberar o mundo de Diablo, o Señor do Terror. Baixo a vila de Tristram o xogador atravesa 16 niveis xerados aleatoriamente, chegando finalmente ó propio Inferno para enfrontarse a Diablo.

Sierra Entertainment publicou un paquete de expansión titulado Diablo: Hellfire en 1997. En 1998 Electronic Arts publicou Diablo para a PlayStation.Gamespot , Gamespot online games magazine, review of Diablo Playstation Esta versión incluía un control directo do personaxe principal usando o controlador da videoconsola, e foi desenvolvida por Climax Studios. Electronic Arts tamén considerou o desenvolvemento dunha versión para Sega Saturn, que finalmente nunca se publicou.Sega Retro , E3 '97 Sega Press release: 1997-06-19: SEGA INSTITUTES FIVE STAR GAMES POLICY O éxito deste xogo deu lugar a dúas continuacións, Diablo II no ano 2000 e Diablo III no ano 2012.

Recepción

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Videoxogos de 1996 Categoría:Videoxogos de rol de acción Categoría:Videoxogos de Blizzard Categoría:Videoxogos cancelados de Sega Saturn Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Mac Categoría:Videoxogos de PlayStation Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de Windows