Andrónico III Comneno (en grego: Ανδρόνικος Γ΄ Μέγας Κομνηνός, Andrónikos III Mégas Komnēnós), nado aprox. en 1310 e finado en 1332, foi emperador de Trebisonda desde 1330 até 1332. Foi o fillo máis vello do emperador Aleixo II de Trebisonda e da súa esposa ibera, Djiadjak Jaqeli de Samckhe.
Traxectoria Unha das súas primeiras accións cando se converteu en emperador foi dar morte aos seus dous irmáns máis novos, Xurxo Azachoutlou e Miguel Achpougas. O seu outro irmán Basilio logrou fuxir a Constantinopla, onde o seu tío Miguel estaba residindo probabelmente.
Morreu en 1332 despois dun reinado de 20 meses e foi substituído brevemente polo seu fillo posibelmente ilexítimo, Manuel II. Os crimes de Andrónico sorprenderan tanto aos habitantes de Trebisonda que se dividiron en faccións, pondo o imperio ao bordo da guerra civil. As fontes que se preservaron non dan moitos detalles sobre as circunstancias do seu curto reinado.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Emperadores de Trebisonda Categoría:Finados en 1332 Categoría:Nados na provincia de Trebisonda