miniatura|Diabase ou dolerita

A diabaseDicionario Digalego Diabase , tamén chamada dolerita ou microgabro, é unha rocha hipoabisal ou subvolcánica máfica, holocristalina, equivalente ao basalto volcánico ou ao gabro plutónico. Os diques e os sill de diabases son corpos intrusivos de pouca profundidade e a miúdo mostran unha textura de gran fino ou marxes de arrefriamento afaníticos que poden conter taquilita (vidro máfico escuro). Ás veces dependendo do contexto ou do país, o termo diabase aplícase só a basaltos e doleritas alteradas, mentres que dolerita se aplica nos demais casos, polo que en ocasións os termos son un pouco confusos. Para evitar esta confusión moitos petrólogos prefiren usar como nome xeral microgabro.

Petrografía

A diabase normalmente ten unha textura fina pero visible de cristais de plaxioclasio (62%) euédrico con forma de listón en medio dunha matriz máis fina de clinopiroxeno, tipicamente auxita (20–29%), con menores cantidades de olivina (do 3% ao 12% nas diabases de olivina), magnetita (2%), e ilmenita (2%).Klein, Cornelus and Cornelius S. Hurlbut, Jr.(1986) Manual of Mineralogy, Wiley, 20th ed., p. 483 Minerais accesorios e de alteración que poden aparecer son horneblenda, biotita, apatita, pirrotita, calcopirita, serpentina, clorita, e calcita. A textura denomínase diabásica e é típica das diabases. Esta textura tamén se denomina intersticial.Morehouse, W. W. (1959) The Study of Rocks in Thin Section, Harper & Row, p. 160 Os feldespatos son ricos en anortita (en contraposición coa albita), o membro final cálcico da serie de solución sólida do plaxioclasio anortita-albita, máis comunmente labradorita.

Localizacións miniatura|Un dique de diabase vertical escuro que corta un estrato horizontal de calcaria miniatura|Rochas de diabase en Pennsilvania miniatura|Rochas de dolerita en Namibia miniatura|A dolerita forma columnas verticais en Tasmania. Estas columnas crean relevos con pendentes verticais nas áreas alpinas. A diabase encóntrase xeralmente en corpos intrusivos relativamente pouco profundos e pequenos como diques e sill. Os diques de diabase aparecen en rexións onde hai extensión da codia e a miúdo aparecen en conxuntos que conteñen centos de diques ou sill que radian desde un só centro volcánico.

En Galicia encóntranse diques de diabase en diversas localizacións asociadas coa oroxenia herciniana; algúns mesmo foron explotados comercialmente.Xunta de Galicia-Ministerios de Ciencia e Innovación-IGME Mapa de rocas y minerales industriales de Galicia

O sill de Palisades que forma as Palisades de Nova Jersey no río Hudson, preto da cidade de Nova York, é un exemplo de sill de diabase. Os complexos de diques da Provincia volcánica terciaria británica que inclúe Skye, Rum, Mull e Arran no oeste de Escocia e a rexión de Slieve Gullion en Irlanda, e que se estende polo norte de Inglaterra, contén moitos exemplos de diques radiais de dolerita, e cara aos Midlands outro exemplo é a rocha Rowley Rag. En partes das trampas do Decán da India, que se formaron ao final do Cretáceo, tamén aparece a dolerita.Continental Flood Basalts (and Layered Intrusions) Tamén abunda en gran parte da illa caribeña de Curaçao. Outro exemplo de diques de diabase é o que se atopa en Mongo no macizo de Guéra no Chad en África central.

En Australia Occidental un dique de diabase de 200 km de longo, o Cinto de Norseman–Wiluna,Hill R.E.T, Barnes S.J., Gole M.J., and Dowling S.E., 1990. Physical volcanology of komatiites; A field guide to the komatiites of the Norseman-Wiluna Greenstone Belt, Eastern Goldfields Province, Yilgarn Block, Western Australia., Geological Society of Australia. está asociado coa área mineira aurífera non aluvial situada entre Norseman e Kalgoorlie, onde se encontra a maior mina de ouro de Australia, a mina de ouro Super Pit. Ao oeste do Cinto de Norseman–Wiluna está o Cinto de Yalgoo–Singleton, onde un complexo de diques radiais de dolerita oculta os sedimentos volcánicos. Os grandes diques de dolerita como o Golden Mile Dolerite de Australia poden ter unha textura máis graúda, e mostran unha gran diversidade petrográfica e xeoquímica a través de todo o grosor do sill.Travis, G. A., Woodall, R. & Bartram, G. D. (1971) The Geology of the Kalgoorlie Goldfield. Geological Society of Australia, 175–90

Nas Montañas de Lousa de Turinxia-Franconia-Vogtland no centro de Alemaña a diabase é de idade devoniana.Dierk Henningsen, Gerhard Katzung: Einführung in die Geologie Deutschlands. 7th edn. Spektrum Akademischer Verlag, Munich, 2006, , p. 69. Forma paisaxes típicamente de forma abovedada, especialmente no Vogtland. Unha atracción xeoturística é a Steinerne Rose preto de Saalburg, un monumento natural cuxa forma actual se debe á meteorización típica que sofren as lavas almofadadas.

As vastas áreas de volcanismo/plutonismo máfico asociadas coa fragmentación no Xurásico de Gondwana no hemisferio sur inclúe moitos sills grandes de diabase/dolerita e diques radiais. Entre eles están as doleritas do Karoo de Suráfrica, as doleritas de Ferrar da Antártida, e o maior de todos, con diferenza a máis extensa de todas as formacións de dolerita do mundo, encóntrase en Tasmania. Alí, o volume de magma que fixo intrusión nunha delgada lámina de rochas do Permiano e Triásico desde moitos focos, ao longo dun período dun millón de anos, puido superar os 40 000 km3.Leaman, David 2002, "The Rock that Makes Tasmania", Leaman Geophysics, p. 117 En Tasmania, a dolerita domina gran parte da paisaxe, especialmente nas áreas alpinas.

Os diques anulares son grandes diques case verticais que se mostran sobre o terreo como afloramentos circulares de ata 30 km de diámetro, cunha profundidade de centos de metros a varios quilómetros. Os diques máis grosos adoitan estar feitos de rochas plutónicas en vez de hipoabisais e están centrados en intrusións profundas.

Uso

A diabase tritúrase e utilízase na construción como árido nas plataformas das estradas, en edificios, como recheo entre as vías de tren (balastro usado pola súa gran dureza e pouca transmisión das vibracións), e en encoros e diques.

A diabase pode tamén tallarse para uso ornamental en mesados, pedra de fachadas e recubrimentos e pavimentos. Unha forma de dolerita chamada bluestone, é un dos materiais que se utilizou na construción de Stonehenge.

A diabase tamén serve como pedra de construción local. En Tasmania, onde é unha rocha relativamente común, utilízase para a construción, en paisaxismo e para levantar muros nas granxas. No norte de County Down, Irlanda do Norte, utilízase a "dolerita" en construcións como o pazo de Mount Stewart, xunto co arenito de Scrabo e ambas as dúas rochas extráense de Scrabo Hill.

A obra de arte con forma de violín (que pode tocarse) chamada Blackbird está feita de diabase negra.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Rochas ígneas